O Goberno local exporá na entrada do Concello, durante todo o mes de marzo, un mural no que destacan a contribución que varias mulleres tiveron coa localidade. Trátase do recoñecemento público á traxectoria de varias mulleres que destacaron na cidade tanto a través da súa vida persoal como laboral, así como polas achegas que fixeron e están a facer ao resto da sociedade. Esta exposición inaugurase este mércores, e permanecerá todo o mes de marzo no Concello.
