Ribadeo, 2 de marzo de 2017. Hoxe publica o BOP a convocatoria do procedemento aberto para a adxudicación das obras de acondicionamento e adaptación das instalacións do Auditorio Municipal Hernán Naval. O investimento ascenderá a 135.000, dos que 60.000 son aportados pola Deputación e o resto proceden de fondos propios. As empresas interesadas dispoñen de 26 días para presentar as súas ofertas. O alcalde, Fernando Suárez agarda que con este investimento se resolvan as carencias endémicas do edificio.
O rexedor contou que “hoxe sae publicado no Boletín Oficial da Provincia a licitación das obras de acondicionamento e adaptación das instalacións do Auditorio Municipal Hernán Naval. Todas as empresas interesadas e que queiran presentar ofertas para a súa adxudicación, teñen desde agora 26 días naturais posto que o procedemento que escollemos é aberto e o único criterio de adxudicación é o prezo máis baixo”.
Suárez Barcia sinalou que “o orzamento do contrato ascende a uns 135.000 euros, dos cales a Deputación Provincial apórtanos 60.000 euros, que hai que agradecerlle moito, e o resto asumímolo desde o Concello a través de fondos propios”.
O alcalde explicou que “estas obras van ser basicamente de reparación da cuberta, dado que tivo un deseño moi deficiente para este entorno, o de facer unha cuberta plana supoño que será para as Canarias, pero non para Ribadeo, e ao longo destes últimos anos tivemos moitos problemas”.
Fernando Suárez indicou que “neste momento, despois de vinte anos de que se construíra este edificio, debemos volver gastar unha chea de cartos públicos para resolver esta cuestión. Estas obras ademais terán que resolver as reparacións e o acondicionamento do interior do Auditorio provocado polo estropicio que fixeron as filtracións da auga da choiva”.
O rexedor salientou que “non menos importante, dado que supoñen practicamente 50.000 euros, faranse unhas obras de adecuación das instalacións eléctricas, xa que nestes últimos tempos descubrimos que o Auditorio Municipal é necesario que tivese un grupo electróxeno. Así consta na normativa, así foi deseñado no seu momento hai vinte anos, así foi previsto naquel momento, pero ese grupo electróxeno nin está nin estivo aí nunca. Ese aparato nunca apareceu. Agora é necesario posto que sería unha irresponsabilidade non telo”.
Para Fernando Suárez “este goberno non ten a culpa de que iso non estea alí cando debera estar, a obra hai vinte anos o contemplaba. Entendo que no seu momento se as obras o contemplaron aí debera estar, pero aí nin está nin estivo. É a nosa responsabilidade destinar outra vez diñeiro público para poñer algo que sempre debeu estar aí. Entre o Concello por fondos propios e a Deputación, que sempre nos bota unha man, poderemos facer estas obras tan importantes. A ver se dunha vez por todas resolvemos estas carencias e estas problemáticas endémicas deste Auditorio Municipal Hernán Naval”.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



