Ribadeo, 24 de marzo de 2017. Ao pleno ordinario celebrado onte en Ribadeo asistiron tres persoas afectadas polo accidente do Alvia, ocorrido en Santiago, hai uns anos. Todos os grupos políticos decidiron aprobar por unanimidade unha moción presentada polo BNG de apoio expreso á plataforma de vítimas do Alvia, algo que o alcalde, Fernando Suárez, agarda que se produza tamén no Congreso dos Deputados. O equipo de goberno está a traballar desde hai tempo para que a festa das Cruces, de Arante, sexa declarada festa de interese político galego. O que non queren é que se faga apoloxía política e oportunismo.
O rexedor declarou que “o pleno celebrado onte á noite foi moi intenso, debido á diversidade dos temas tratados e todos eles moi importantes e afortunadamente todos eles saíron adiante con máis unanimidade ou con menos, pero sempre coa razón por diante. A parte de darlle a benvida á nova concelleira do PSOE, a Cristina Losas, seguidamente aprobamos a modificación do réxime interior do hospital asilo para regular os horarios de visita dos familiares, así como para establecer unha nova categoría para crear unha praza de respiro, é dicir para unha circunstancia moi especial de alguén que durante un período moi curto de tempo non poida coidar ao seu familiar por algún motivo, que están taxados, e que non vai supoñer unha vía paralela para acceder, senón que segue a ser a do regulamento xeral. Pero si establecemos este servizo novo a imaxe e semellanza doutros centros públicos”.
Taxas do asilo
Suárez Barcia indicou que “tamén levamos adiante esta modificación da ordenanza reguladora das taxas do hospital asilo, que se incrementan no IPC contemplado desde o ano 2009, pero que estaba sen actualizar. Todo isto a través dunha proposta que nos fixo no seu día a congregación relixiosa, que é a encargada de xestionar o asilo. E ao mesmo tempo aproveito para dicir que funcionar moi ben e que esta congregación o fai moi ben, a pesares de que o edificio é vello e non se adapta a moitas das condicións das que hoxe en día calquera moderno inmoble ten e sabemos que ás veces os recursos son tamén limitados. Quero que quede ben claro que, si cadra, coa actualización deste IPC o custo mensual para os usuarios e usuarias segue a ser o máis baixo da Mariña con moito, e case me atrevo a dicir que de Galicia. Poñendo os datos en contraposición con outras residencias de Xove, do Valadouro, de Mondoñedo, de Foz, de Betania o que as prazas de dependentes de graos 2 e 3 están entre 1.120 e 1.400 euros ao mes, bastante máis do 890 euros que pagarán en Ribadeo, e que na noite de onte foi aprobado por maioría, polo goberno municipal”.
O alcalde lamenta que “a oposición votase en contra, a oposición que non goberna ten todo o dereito a dicir e a votar o que queira, pero o que nos desgusta é que veñan con dobres morais, con dobres discursos, que digan fora o contrario do que din dentro, que apoien á congregación relixiosa en todo, pero que logo voten en contra da súa proposta de actualizar as taxas, porque as cousas téñense que facer sostibles porque senón non funcionan e nosoutros queremos que este centro siga a funcionar. Sabemos e estamos construíndo outra residencia e agardamos que dentro de non moito tempo poida haber dous centros residenciais, o novo máis especializado e máis vencellado a persoas non válidas e este hospital asilo que deberá quedar máis para persoas válidas. E entre os dous queremos que a oferta de prazas residencias en Ribadeo siga a ser un exemplo para toda a Mariña. E aí é cando lamentamos as actitudes do voto da oposición. A oposición pode votar o que considere, pero nosoutros temos a responsabilidade de goberno”.
Convenio con Acisa
Fernando Suárez contou que “tamén foi aprobado por unha ampla maioría, pero non por unanimidade e a verdade é que no estraña o por qué destas circunstancias, o convenio con Acisa, polo que Ribadeo segue a ser un referente desde o punto de vista da administración local en favorecer, animar, apoiar a este sector tan imporante para nós como é comercio, a través deste convenio de tres anos de duración. Son en total 14.000 euros cada ano, que de fondos propios lle vamos achegar á asociación de comerciantes de Ribadeo”.
No capítulo de mocións o rexedor explicou que “nos causou un impacto tremendo, moi sentido esta moción que levou o BNG de apoio expreso á plataforma de vítimas do Alvia, do accidente que houbo en Santiago hai uns anos. Teño que dicir en nome da Corporación, e eu particularmente como persoa máis aló que como representante político, síntome moi orgulloso de que neste caso todo o mundo votase unanimemente a petición destas vítimas, que piden a creación dunha comisión desta investigación, queren solicitarlle ao goberno do Estado que encargue unha comisión de expertos e técnicos independentes e que investiguen ocorrido. Hai moitos flecos pendentes e desde o punto de vista xurídico queda patente que non é soamente unha cuestión que lle atañe a ese maquinista, senón que houbo unha serie de defectos e que aínda a día de hoxe seguen trens circulando con eses defectos. E debemos valorar que entre o público onte houbo un matrimonio que perdeu a unha filla nese accidente e outra persoa vítima directa tamén dese sinistro”. Para Fernando Suárez “esta parte da política municipal, que ás veces trata temas que non estritamente municipais, pero que nos enorgullece tratalos e que entre todos lles deramos un apoio unánime, algo que desgraciadamente no Congreso do Estado a día de hoxe non teñen. Pero esperemos que si algo está cambiando, esperemos que cambie tamén no Congreso dos Deputados”.
O alcalde ribadense engadiu que “no capítulo de mocións estaba esta do PP para declarar festa de interese turístico galego a festa das Cruces, en Arante. Nós estamos absolutamente de acordo en que iso sexa así, nós levamos tempo traballando na documentación e na instrución do expediente necesario para que a Xunta, que é quen ten que aprobar esa declaración o faga, e que estamos traballando con rigor. E que polo tanto non nos gusta que haxa oportunismos, non nos gusta como o outro día que se presenten determinados cargos do PP cunha funcionaria da Xunta para facer apoloxía da política e do oportunismo. Entón non aprobamos esa moción nin nós nin o resto da oposición. E no seu momento, e espero que canto antes teñamos o expediente instruído a través da comisión establecida hai tempo, entre veciños, o cura párroco, diferentes técnicos, historiadores… cando teñamos todo iso instruído virá ao pleno e aí todo o mundo terá a oportunidade para votar a favor desta festa, que é de todos e non queremos que se politice”.
Faro da Illa Pancha
Fernando Suárez tamén se referiu a unha moción “que non foi e que houbo un certo debate sobre a conveniencia de debatela ou non, que era esta presentada polo PSOE no seu momento para que en relación coas obras do faro, dese hotel, desa polémica que está habendo, que o Concello paralizara a licenza de obras a parte dunha serie de cuestións máis. Esa moción non se debateu porque dos 17 concelleiros, 15 interpretamos que non era urxente e que polo tanto todo o que o Concello puido e pode ter feito e xa está feito nós estamos esperando a día de hoxe a contestación de todas estas autoridades ás que nos diriximos hai case un mes, tanto da Xunta como do Estado, para trasladarlles a nosa preocupación que tiñamos sobre as palabras e os escritos do Defensor del Pueblo botando por terra todo ese proceso, todo ese proceso que se principia no Ministerio e na Autoridade Portuaria e que prosigue na Xunta de Galicia e que nós como última instancia institucional somos os que outorgamos a licenza de obra, pero outorgámolo porque no seu momento todos eses informes eran favorables. O alcalde dixo: “polo tanto nos pedímoslles a todas esas institucións que se clarifiquen e que digan si o Defensor del Pueblo está errado, absolutamente errado ou se lle dan a razón. Si ten razón deberase modificar todo e non dicimos o contrario, pero desde logo o que non vamos facer é ser camicaces da política, porque nosoutros aquí temos responsabilidade e a parte de que vivamos aquí no noso concello temos os nosos traballos, temos as nosas familias e non vamos, de maneira arbitraria nin caprichosa porque unha serie de xente nos diga que teñamos que suspender. As cousas non as suspendemos por capricho, suspéndense por unha sentencia ou resolución xudicial ou por un procedemento de revisión que está estipulado na lei, non polo capricho dunha moción e por iso non lle demos para adiante a esa moción porque todo o que podiamos ter feito témolo feito a día de hoxe”.






















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



