Lugo, 11 de abril de 2017. A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este martes no obradoiro do libro do CENTRAD a Semana Escolar con Maruja Mallo, que organiza a Deputación. No acto, participou tamén Llerena Perozo, autora do libro do que disporán os centros de educación secundaria da provincia para divulgar entre o alumnado de educación secundaria da provincia de Lugo coñecementos sobre a vida e obra de Maruja Mallo, pintora viveirense e universal á que neste ano a Real Academia Galega de Belas Artes lle dedica o Día das Artes Galegas.
García Porto subliñou que “son un total de 9.000 alumnos, de 44 centros de toda a provincia os que participarán nos actos incluídos dentro desta programación. Con esta iniciativa sumámonos á homenaxe que a Real Academia Galega rendeu á artista Maruja Mallo con motivo do Día das Artes Galegas, facendo a nosa achega á difusión nos centros lucenses da vida e da obra dunha viveirense xa universal”.
Día das Artes Galegas
No ano 2015 a Real Academia Galega de Belas Artes decidiu instituír o Día das Artes Galegas dedicando cada unha destas celebracións culturais a artistas pertencentes á nosa cultura. No primeiro ano a figura elixida foi o Mestre Mateo, no segundo correspondeulle a Castelao e nesta terceira edición é Maruja Mallo a merecente da distinción.
Esta gran pintora nacida en Viveiro, a máis importante da Xeración do 27 tivo unha importante vinculación coa Deputación de Lugo, da que foi bolseira durante tres anos e recibiu encargas. No Museo Provincial conservamos sete dos seus cadros, entre eles os titulados Española con abanico e Guía Postal de Lugo. Este último encargado no 1929 para ilustrar o Libro de Ouro da nosa institución.
Libro-manual
O Goberno da Deputación editou o libro-manual Bos días, Maruja: 12 estampas dunha pintora, de Llerena Perozo Porteiro, no que se condensan 93 anos de traxectoria vital e artística da protagonista en doce estampas ou capítulos. En cada un deles, téntase recrear unha parte da historia de Maruja Mallo con vida propia, de xeito que o profesorado poida escoller e traballar sobre un tempo concreto ou varios, segundo considere. Ademais, no libro reprodúcense cadros e pinturas das tendencias máis significativas da artista.
Na obra, crease unha personaxe de ficción que conversa con Maruja e narra as máis importantes circunstancias da súa vida, valora a súa obra e dálles voz a personaxes tan significativos como María Teresa León, Rafael Alberti, Miguel Hernández, Pablo Neruda, Luis Buñuel, Federico García Lorca, María de Maeztu, etc. Que interveñen nas diversas narracións, construídas ao xeito de contos.
Programación e actividades
A Semana Escolar con Maruja Mallo terá lugar dende o 17 ata o 21 de abril. O primeiro día os alumnos farán unha pegada de carteis nos centros escolares. A continuación repartiranse os preto de 9.000 exemplares do libro que a Deputación pon a disposición do alumnado de ESO e bacharelato. Durante a semana leCtiva lerán e analizarán o libro-manual e co apoio dos docentes, realizarán diferentes actividades enmarcadas no ámbito da educación plástica e visual, a lingua e literatura, as ciencias sociais, xeografía e historia, así como a música.
Os traballos das aulas expoñeranse en lugares comúns do centro ao longo da semana para conseguir unha maior motivación do alumnado e un intercambio das distintas interpretacións creativas. O venres 21, como conclusión á semana, levarase a cabo o descubrimento do mural, Bos días, Maruja, que elaborarán os alumnos e alumnas e no que reflectirán a súa visión da obra da artista lucense e, por outra banda, levarase a cabo a interpretación dos raps para Maruja Mallo e do himno galego.
Centros inscritos
– IES Plurilingüe Fontem Albei do Concello da Fonsagrada
– IES Fonmiñá do Concello da Pastoriza
– IES Enrique Muruais do Concello da Pontenova
– IES Alfoz-Valadouro do Concello de Alfoz
– IES de Becerreá do Concello de Becerreá
– IES Perdouro do Concello de Burela
– IES Marqués de Sargadelos do Concello de Cervo
– IES Val do Asma do Concello de Chantada
– IES de Foz do Concello de Foz
– CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar do Concello de Foz
– CPR Plurilingüe Martínez Otero do Concello de Foz
– IES Poeta Díaz Castro do Concello de Guitiriz
– IES Nosa Señora Dos Ollos Grandes do Concello de Lugo
– IES Ánxel Fole do Concello de Lugo
– CPR Galén do Concello de Lugo
– CPR La Inmaculada do Concello de Lugo
– CPR Fingoi do Concello de Lugo
– IES Muralla Romana do Concello de Lugo
– CPR Divina Pastora do Concello de Lugo
– CPR Plurilingüe Padres Franciscanos do Concello de Lugo
– CPR Seminario Diocesano Sagrado Corazón do Concello de Lugo
– IES Lucus Augusti do Concello de Lugo
– IES Pedregal de Irimia do Concello de Meira
– IES San Rosendo do Concello de Mondoñedo
– IES A Pinguela do Concello de Monforte de Lemos
– IES Francisco Daviña Rey do Concello de Monforte de Lemos
– CPR Padres Escolapios do Concello de Monforte de Lemos
– CPR Plurilingüe Fund. Educativa Torre de Lemos do Concello de Monforte de Lemos
– IES Río Cabe do Concello de Monforte de Lemos
– IES de Monterroso do Concello de Monterroso
– IES do Camiño do Concello de Palas de Rei
– IES de Quiroga do Concello de Quiroga
– IES Río Miño do Concello de Rábade
– IES de Ribadeo Dionisio Gamallo do Concello de Ribadeo
– CPR Sagrado Corazón de Jesús do Concello de Ribadeo
– IES Xograr Afonso Gómez de Sarria do Concello de Sarria
– CPR Plurilingüe Nuestra Señora de la Asunción do Concello de Sarria
– CPR La Merced do Concello de Sarria
– IES Gregorio Fernández do Concello de Sarria
– IES Santiago Basanta Silva do Concello de Vilalba
– IES Lois Peña Novo do Concello de Vilalba
– IES María Sarmiento do Concello de Viveiro
– IES Vilar Ponte do Concello de Viveiro
– IES Illa de Sarón do Concello de Xove




















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



