Ribadeo (Lugo), 7 de abril de 2017.- A Xunta de Galicia disporá máis de 48.000 permisos para facilitar o acceso ao monumento natural das Catedrais. Así o adiantou a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz López, durante unha visita a este monumento, onde avanzou que desde hoxe mesmo -durante o período da Semana Santa- será necesario contar co permiso de acceso para poder acceder ao Monumento Natural da Praia das Catedrais. Esta solicitude será necesaria para poder baixar ao areal ata o vindeiro 17 de abril e pódese conseguir, de xeito sinxelo e gratuíto, na web: https://ascatedrais.xunta.es/.
A directora xeral -acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro- sinalou que con esta acción dáse continuidade ao Plan de conservación deste espazo e que establece unha afluencia máxima de 4.812 persoas diarias en tempada alta (Semana Santa e os meses de xullo, agosto e setembro) e engadiu que se puxo en marcha co fin de preservar e conservar o espazo natural e fomentar un turismo sostible.
Ana María Díaz defende que a medida adoptada e establecida pola Xunta, a de limitar a afluencia masiva de visitantes, foi un acerto porque ademais de asegurar que o visitante poida acceder ao areal, evita un feito máis importante e preocupante, como o de producir alteracións no hábitat das especies, e mesmo nos procesos erosivos da área. Argumentou que esta medida é unha ferramenta que reporta beneficios as xeracións actuais e sobre todo ás futuras, porque se está intentado protexer e preservar este monumento natural e espazo imán.
Reparto por cupos
A directora xeral de Patrimonio Natural indicou que esta Semana Santa se manterá o mesmo reparto que se estableceu o ano pasado. Deste xeito, as 4.812 autorizacións repartiranse por cupos entre distintas entidades públicas e privadas. A inmensa maioría distribuirase a través da páxina web, en concreto, un total de 3.730; mentres que outras 480 autorizacións serán xestionadas pola Mancomunidade de concellos da Mariña lucense, 240 polo Clúster de Turismo de Galicia, 200 polos hoteis de Ribadeo, mentres que as restantes serán para as persoas que se acheguen á zona empregando o transporte público.
Na entrada ao areal haberá catro profesionais que controlarán o acceso, informarán sobre o xeito de conseguir a autorización a aqueles visitantes que non a teñan, e ofrecerán información sobre os servizos existentes, así como sobre outros lugares de interese.
Tamén haberá catro persoas encargadas de xestionar as áreas de aparcamento e de axudar aos condutores a atopar unha praza. No Plan da Xunta tamén se coordinan as prazas de aparcadoiro, co fin de evitar conxestións. En tempada alta, disporase de catro aparcamentos distintos e gratuítos: dous deles no concello de Ribadeo, un próximo ao monumento natural, con capacidade para 120 turismos e 4 autobuses; outro a quilómetro e medio, na praia de Barreiros, con capacidade para 70 coches e 10 autobuses e unha superficie anexa para 140 turismos; e, durante a Semana Santa, o concello de Barreiros habilitará unhas explanadas a maiores para estacionar vehículos.
Tamén este ano se volverá ofrecer aos visitantes que o desexen un servizo de guía e divulgación ambiental. As visitas realizaranse en grupos de 25 persoas, cunha duración de 30 minutos nos que se abordarán nocións sobre valores ambientais, fauna, flora e xeoloxía.
Espazo imán
A directora xeral de Patrimonio Natural recordou que o Monumento Natural da Praia das Catedrais é un dos 17 espazos imán que identifica o Plan de Promoción e Posta en Valor do Patrimonio Natural de Galicia.
Destacou que o valor dos espazos naturais, tanto a nivel ambiental, paisaxístico como de biodiversidade é incontestable, pero non é menos certo que os espazos naturais son moito máis que iso, e teñen un enorme potencial turístico, social e económico.
Así nace a idea de aproveitar o recoñecemento e a popularidade destes espazos para atraer visitantes cara outros enclaves igualmente importantes, creando sinerxías entre os diferentes espazos; trazando dous radios de acción (un de 30 e outro de 50 quilómetros) para delimitar a súa área de influencia.
Así, aproveitando a sona do espazo imán das Catedrais, buscase espertar o interse dos visitantes a outras zonas e puntos da Mariña lucense, como as cetáreas de Rinlo, a Basílica de San Martiño en Foz, o porto pesqueiro de Burela, a fortaleza do Mariscal Pardo Cela ou a Catedral de Mondoñedo, así como a rede de rutas dispoñibles na Reserva da Biosfera do Eo, Oscos e Terras do Burón.
























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



