Mondoñedo, 15 de abril de 2017.- O Concello de Mondoñedo abrirá o próximo luns, 17 de abril, o prazo de inscrición na segunda edición do concurso de ornamentación ‘Florea o teu balcón’. Os interesados que reúnan os requisitos para participar teñen de prazo ata o día 31 de maio para anotarse.
As inscricións poderanse facer a través do correo electrónico concursodebalcones@gmail.com ou no portelo de atención ao público da Casa do Concello de Mondoñedo. Deberán indicar o nome, apelidos e DNI, xunto ao enderezo do balcón.
Presentación do cartel
O edil de Educación e Novas Tecnoloxías, Alberto García, participou esta mañá na presentación do cartel que anuncia esta segunda edición do concurso promovido polo Concello de Mondoñedo, e que conta tamén coa colaboración do departamento de Turismo da Xunta de Galicia e co Instituto de Educación Secundaria San Rosendo.
A artista encargada do deseño do cartel foi a artesá mindoniense, Julieta Vargas, da que García destaca “o seu bo facer” e a “súa profesionalidade” e a que agradece “a súa colaboración con esta iniciativa”.
Alberto García explica que mediante este concurso “pretendemos poñer en valor os balcóns como elementos vivos e decorativos da nosa cidade, porque detrás de cada balcón ornamentado existe unha moi importante contribución cidadá á mellora estética do noso casco urbano, que cobra importancia especialmente coa chegada da primavera e verán”.
Con esta idea, o edil convida a participar aos veciños dada a importancia de “manter vivo o noso casco” ademais e que esta iniciativa “tamén supón un aliciente para o turismo”. Neste eido, o concelleiro lembra a boa acollida que tivo a primeira edición do concurso e mesmo recorda que no informe elaborado para a entrega do premio recibido polo Concello de Mondoñedo pola súa contribución ao Camiño de Santiago “aparece remarcado este concurso como un dos traballos postos en marcha polo Goberno local dentro dunha forte aposta pola dinamización do turismo na nosa cidade”.
Bases
As bases do concurso, que serán enviadas a cada domicilio durante este mes de abril, establecen que poderán participar todos aqueles particulares que dispoñan de balcóns ou ventás que reúnan as condicións mínimas necesarias para ser decorados ornamentalmente con flores e plantas. Así, establécese que o alcance do concurso será todo o casco urbano da cidade de Mondoñedo, incluíndo casco histórico e os barrios tradicionais de Os Muíños, Os Remedios e San Lázaro.
Xurado e premios
O concurso prolongarase durante toda a primavera e o verán, ata finais de agosto, período durante o cal o xurado realizará visitas periódicas valorando entre outros aspectos:
– O estado de conservación e mantemento semanal dos balcóns inscritos a concurso.
– A orixinalidade na ornamentación.
– A variedade, cantidade e calidade florística.
– O adecentamento da fachada e o resultado global.
– A colocación de elementos accesorios tales coma xardiñeiras, colgantes, etc.
– O inxenio ou capacidade para acadar unha decoración óptima en vivendas que carezan de balcóns ou que, a priori, non reúnan as mellores condicións para participar no concurso.
Nas bases tamén se rexe que o xurado cualificador estará integrado por profesores e alumnos do módulo de xardinería do IES San Rosendo; membros da área de Turismo da Mancomunidade de A Mariña; un representante da área provincial da Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta de Galicia e membros da oficina de rehabilitación do Concello de Mondoñedo. O xurado cualificador fará público o resultado do concurso a principios de setembro.
O Concello de Mondoñedo establece seis premios dotados con 250 euros o primeiro premio; 200 o segundo; 150 o terceiro; 100 o cuarto; 75 euros o quinto premio e, por último, 50 euros para o sexto premio. Aos galardoados tamén se lles entregará un diploma acreditativo para colocar xunto ao balcón.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



