Lugo, 23 de maio de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, a Presidenta do Club de Baloncesto Ensino, María Teresa Latas Zavala, e o exadestrador de baloncesto, Fernando Fernández Allende, presentou a Copa Deputación Trofeo Fernando F. Allende, que terá lugar o vindeiro domingo 28 de maio no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo e no pavillón anexo. O Goberno da Deputación, Concello de Lugo e Club de Baloncesto Ensino, organizan este evento deportivo, totalmente gratuíto, para potenciar o baloncesto feminino, a igualdade de xénero e o deporte base. O Executivo Provincial é o principal patrocinador desta cita deportiva cunha achega de 12.000 euros. Con esta axuda, asume os gastos de transporte dos quipos, ademais de ofrecer un pícnic e unhas camisetas aos participantes.
Campos Conde subliñou que “o obxectivo deste evento é reunir por primeira vez na tempada a todos os equipos da provincia de categoría infantil, alevín e benxamín. Ademais, como novidade nesta edición incluímos a categoría de babybasket, polo que serán uns 500 nenos e nenas de entre 7 e 14 anos, gozando dunha xornada deportiva e de convivencia sen precedentes na presente tempada. Con esta iniciativa, fomentamos o baloncesto base lucense e promovemos hábitos de vida saudables entre os mozos, da man dun dos clubs femininos de referencia na cidade de Lugo como é o Club Baloncesto Ensino”.
Pola súa banda, Méndez López asegurou que “o deporte é fundamental”, ao tempo que lembraba que así o ten demostrado o Concello, tanto nos distintos exercicios orzamentarios, pola partida que se destina para o mesmo, máis de 3 millóns; pola cantidade de disciplinas que se practican no municipio, e polas instalacións municipais coas que conta a veciñanza luguesa. Así mesmo, amosou o compromiso do Goberno Local co deporte base e os valores que inculca esta práctica, e felicitou á Deputación por levar a cabo este torneo.
Homenaxe
A competición renderá homenaxe a Fernando Fernández Allende, un dos pioneiros do baloncesto feminino na provincia de Lugo e promotor deste deporte entre os mozos lucenses. Ademais de ser adestrador de baloncesto, foi profesor na Facultade de Ciencias da Educación Física de A Coruña e un dos fundadores do CB Ensino.
Sistema de competición
O evento reunirá a 10 equipos de categoría babybasket mixto, 11 equipos de categoría benxamín mixto, 7 equipos de categoría alevín feminino, 8 equipos de categoría alevín masculino ou mixto, 5 equipos de categoría infantil feminino e 7 equipos de categoría infantil masculino. En canto a duración dos encontros, será a seguinte:
– Na categoría baby serán 6 períodos de 6 minutos a tempo corrido con 1 minuto de descanso en cada cuarto. Terán 5 minutos de quecemento previo ao encontro na pista de xogo.
– En categoría benxamín e alevín serán 6 períodos de 8 minutos a tempo corrido con 1 minuto de descanso en cada cuarto. Terán 5 minutos de quecemento previo ao encontro na pista de xogo.
– En categoría infantil serán 4 períodos de 10 minutos a tempo corrido con 1 minuto de descanso en cada cuarto e parado os 2 últimos do cuarto. Terán 5 minutos de quecemento previo ao encontro na pista de xogo.





















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
