Ribadeo 8-5-17. Este domingo 7, tivo lugar o III campionato de Galicia de trail, na Pobra do Caramiñal dentro do “circuíto trail galaica concello de A Pobra”, no que participaron tres atletas do Club atletismo Ribadeo.
Zulema Pericón Gónzalez, participou no thail galaica, quedando 4ª absoluta e 1ª da categoria VTF2, invirtíndo 03:51:45 en percorrer os 23,800km., sobre ún circuíto de grande dureza e esixencia física pero de espéctacular fermosura paisaxística .
Iago Freije Mariño e Ana María Ferradás Barrera participaron nas dúas probas, no trail Galaica e no campionato galego no que obtiveron pleno éxito ao acadar a medalla de ouro e proclamarse campións galegos das súas respectivas categorias.
Iago invirtíu un tempo de 01:45:40 en percorrer os 13km. de que constaba a proba curta, proclamándose campión galego na categoria junior. No trail Galaica obtivo o 20º posto na xeral absoluta e a 7ª posición na categoria senior masculina.
Ana María proclamouse campiona galega na categoria de +50, e completou o pódium ao ser terceira na clasificación absoluta do campionato galego, invirtindo un tempo de 04:45:42 nos 23,800km. na trail Galaica, Ana acadou a 4ª posición da categoria VTF2.