Barreiros 1-6-17. Este mércores 31 DE MAIO celebrouse en Barreiros a Clausura das Escolas Deportivas de Barreiros na súa Tempada 2016 – 2017. Ao longo desta temporada o nº de participantes foi similar o da temporada pasada chegando a participar cerca de 200 alumnos (80 adultos e 105 nen@s), mantendose as inscricións nas actividades de adultos e infantil o que reafirma que o traballo desenvolto ten moi boa aceptación por parte dos participantes.
As 8 modalidades deportivas ofertadas para idades infantís foron: futbol sala, atletismo, tenis de mesa, patinaxe, xogos predeportivos e natación, e as modalidades deportivas ofertadas para a sección de adultos foron: ximnasia mantemento e aeróbic (con 7 grupos de traballo).
A clausura tivo lugar a partir das 19,00 comezando coa exhibición de Patinaxe Artístico e a continuación disputouse un partido de fútbol sala categoría biberón – prebenxamin VS nais biberón – prebenxamin (que resultou do máis competido) .
A partir das 20,15 horas, con presencia do rexidor barreirense, D. Alfonso Fuente Parga procedeuse á clausura oficial das E.D. Barreiros coa entrega da memoria de actividades da temporada e entrega de agasallos, finalizando cunha merenda para todos os asistentes.
Dende as E.D. Barreiros agradecemos a colaboración que ano tras ano nos prestan os centros educativos: Ceip San Cosme, Ceip San Miguel así como da Oficina de Información Xuvenil























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
