Ata agora, Alfredo Llano estaba entusiasmado, inspirado por Deus, case a punto (ou sen case) de considerarse Deus. Convencido de ser o mesías para Burela, unha vila que, según el, tén que “optar por modernizarse ou volver para atráis”, como se as xentes desta vila non saiban como facer as cousas desde hai sesenta anos e non levasen toda a vida tirando para diante.
O pleno do martes día 30 non foi un pleno calquera. Por obra e gracia de Alfredo Llano e a súa desastrosa xestión do repintado de Arcadio Pardiñas e das peticións veciñáis. Antes do pleno, xa tiña entrado en contradiccións ao ningunear o proxecto da técnico municipal e seguir a medias o informe da Policía Local (a qué vén un informe logo de rematada a obra?), e tamén, e o peor de todo, ningunear aos veciños que foron falar con el sobre o asunto, como se demostrou no pleno.
A Llano caeulle a maquillaxe no pleno (caeulle, non a sacou). Dinamitou as relacións coa cidadanía. Rachou as marxes de confianza e diálogo entre administración e veciños. Descalificou ás persoas que asinaron (“sinaturas vidas do lonxano Oriente”) e tachounas de “ir contra o progreso de Burela”. Retou a algún asistente con tono altanero. Amosouse prepotente e intolerante ao non aceptar ningunha proposta. Amosouse mesiánico e redentor con eso de que quere o millor para Burela. Tentou ensinarnos ética, pero a súa, o seu código de conducta, que dende logo non é o idóneo e que agora sale mui mal parado. Deixou a figura do alcalde máis abaixo do chan, enterrada.
Alfredo Llano é o alcalde, quen goberna para ben ou para mal, e o seu labor é o que se xulga e critica. Alfredo Llano non é infalible, ainda que el está convencido do contrario; por eso é incapaz de recoñecer erros e asumir responsabilidades. O entusiasmo, o endiosamento, lévao a decir que todo é culpa dos demáis e a crer que actúa amparado por inspiración divina, esquecendo que é un erro rebotar hacia outros as críticas que a el se lle poidan facer. Se lera a Eugenio D’Ors, aplicaría aquelo de que “hasta en la abyección hay que guardar las formas”.
O pasado martes, fóronse polo sumidoiro a careta e a maquillaxe de Alfredo Llano. O pasado martes, Llano deitouse convencido do seu entusiasmo. O mércores Llano ergueuse da cama sen percibir, e menos aceptar, nada do que o día antes á noitiña comenzara a pasar, que hai xente que xa o ve con outros ollos.
Amante de estar baixo a luz tenue das farolas, Alfredo Llano tentará seguir buscando as súas apertas…
GRUPO MUNICIPAL DO PP DE BURELA.