Foi o 13 de xuño de 1972 cando por primeira vez, na historia da nosa vila, se celebrou un encontro de fútbol entre dous equipos con senllas alineacións formadas por mulleres. Equipos que, atendendo ás ocupacións laborais da maioría delas, bautizáronse cos nomes de “Racing da Agulla, S.D.” e “Sporting do Mostrador, C. de F.”; conxuntos improvisados para enfrontalos en noble loita e destinar a recadación pro-festas de San Lourenzo, que eran tempos nos que se precisaba activar a imaxinación para ir sumando pesetas, aínda que fose a poucos… ; os dispendios das institucións, en concepto de “subvenciós” a tales fins, tardarían en chegar.
O Estadio Martínez Otero rexistrara un cheo en encontro tan novidoso, no que fixera o saque de honor o popular “rulero”, Pedro Tapia, ex xogador ó que da nosa adolescencia lembrábamos como un gardamenta excepcional, de físico estilizado e felina áxilidade, moi difícil de batir; fisonomía que co tempo experimentara unha notable metamorfose que o fixo, con todo merecemento, o mesmo verán, partícipe naquel “ concurso de gordos” que, a pesar de resultar moi exitoso;- incluso o transmiitira íntegro, en diferido, TVE, en horario de mais audiencia, pola cadea única, en branco e negro, que era o que había e non coñeceo outras edicións.
O partido, a piques estivera de frustrase. Alguen, finado hai anos, e cuxo nome omitimos, en actitude difícilmente entendible, fixera campaña en contra do mesmo, facéndolles ver a algúns pais das xogadoras (,hai que retroceder medio século, para comprendelo) o “escándalo” e a “deshonra” que para as súas fillas ía significar aparecer no campo vestidas de tal guisa…. Este cronista era o presidente da Comisión, e promotor de tal encontro, e alguén advirtiuno do que estaba a pasar; e de que chegado o momento ían faltar á cita catro ou cinco mozas, ás que os pais prohibían participar.
Dous días antes visitámolos nos seus fogares e confesamos que resultou doado convencelos do seu erro: garantimos que as rapazas, uniformadas de futbolistas, ían mais “tapadas” (esa era naqueles tempos a cuestión) , e polo tanto mais “decorosas”, “castas” e “decentes” que o facían a cotío pola rúa. Confiaron en nós e resultou unha xornada apoteósica, ofrecendo o estadio un ambiente festivo e unha concurrencia só comparable coas que foron contadas ocasións na súa historia.
Acaso a maior satisfacción nosa fora a felicitación e a gratitude que nos transmitiron aqueles pais, a piques de caer nunha engañifa da que endexamais coñecimos a intencionalidade.
O “Sporting do Mostrador”, con Milucho de Simón de adestrador, alineaba: Maruja Fernández( do “banqueiro”), Susa Martinez (de Fito), Lupe Marful (de Cosme), Mª Luisa Maldonado,Loli Alonso (da Tata), Mari Echevarría, Iselda García, Dulce Mª Martinez e Loli de Simón. Pola súa banda as da” Agulla”, adestradas por Arturo da Peala, formaban: Marita da Pecherena, Mª Carmen Fraga,Mª Carmen García (Xexé), Clara Ruiz (da Sanchona), Azucena do Ollomouro e Ana Mª de Adela. Gañaran 1-0 as primeiras e recollera o trofeo en liza Lita de Cosme, capitana do “Sporting do Mostrador” de mans deste cronista, presidente da Comisión de festas, que á sazón tiña 33 anos … e abofé non coxeaba.
Fora árbitro da contenda Tito da Fábrica que para a ocasión vestía de muller, para entoar coa posta en escea. Fora unha xornada deportiva chea de humor e ledicia; a súa lembranza durara por anos.