A Mariña 1-6-17. O pasado 24 de maio celebrouse a IV Xornada de adolescentes ALDEAS INFANTILES SOS, que culminou un curso de traballo co tema “El respeto y la convivencia, contra el acoso escolar”, no programa didáctico “Párate a pensar”, onde plantean 50 actividades que abordan maneiras de formar a personalidade adolescente e potenciar a súa autoestima, as relacións cos seus compañeiros e a familia e de promover o esforzo e a participación social por un mundo máis xusto e solidario. Este programa pretende potenciar o pensamento crítico, a sensibilidade cara o resto de persoas e a construcción dunha sociedade mellor, para superar con nota unha etapa complexa que dará paso a un xove adulto preparado emocionalmente e consciente do seu papel no mundo.
A Xornada comezou coa recepción dos 17 representantes de cada Comunidade Autónoma (un alumno/a e o seu profesor/a) e logo dunhas palabras de distintos representantes da Asociación visionouse a curta de Icíar Bollaín “1, 2, 3… casa” sobre o que é e o que representa ALDEAS INFANTILES SOS en España.
Deseguido o alumnado repartiuse nos 3 grupos de traballo e o resto do profesorado participou nunha charla sobre as experiencias ao longo do curso co material e cos grupos de clase. Logo de xantar presentáronse as conclusións coa análise de cada grupo, momento no que o alumnado demostrou a profundidade do seu traballo e a sinceridade e coherencia das súas ideas así como un sesuso esforzo de realismo crítico e conciencia social. Unha expresión da súa forza e determinación por progresar nun mundo máis xusto, tolerante e decidido. A xornada rematou coa redacción e publicación das conclusións.
Particularmente a experiencia, como alumna e profesor do noso IES, pareceunos única e profundamente enriquecedora. Desde as distintas materias nas que se reparte a Filosofía na Educación Secundaria sempre traballamos a prol dos valores máis clásicos e fundamentais da sociedade, e, axudados por Asociacións como Solidariedade Internacional de Galicia, UNICEF, Intermon, Aldeas Infantiles, … queremos achegar o noso alumnado á verdadeira realidade social que nos rodea, fuxindo da armadura burocrática e encorsetada que nos últimos anos intentan impoñer no eido educativo, e máis en concreto na Filosofía. Queremos que o noso alumnado sexa consciente de que os valores de respecto, tolerancia, xustiza, responsabilidade,… están por encima do criterio do útil co que pretenden teñir todos os estamentos o tecido social e educativo, esquecendo por tanto a verdadeira razón da educación primaria e/ou secundaria: formar persoas.
Que asociacións como as mencionadas poñan ao noso alcance material, experiencias, entrevistas, oportunidades de compartir con protagonistas sociais temas de actualidade permite que o noso alumnado creza e madure nun perfil real e á vez tolerante con outras culturas, comprensivo con outras nacións, e unido a calquera outro tipo de ser humano que nos poidamos atopar ao longo das nosa vidas. Sin estas motivacións quedaremos sempre no kilómetro 0 do longo camino da vida, e cun suspenso irrecuperable no noso curriculum educativo.