Viveiro, 8 de xuño de 2017. A presenza de Viveiro nesta feira servirá para dinamizar o seu atractivo turístico, dando a coñecer estas celebracións e os demais recursos do municipio. Viveiro contará cun stand individual no que ofrecerán folletos promocionais e información sobre o Concello e no que se instalará unha gran pantalla na que se proxectará, de forma continuada, os videos de promoción turística deste municipio e mais da Semana Santa.
Organizarase, así mesmo, unha exposición sobre a Semana Santa de Viveiro, na que se mostrarán diverso material das confrarías, e unha degustación gratuíta da pescada de Celeiro, que terá lugar o sábado 10 de xuño ás 13:00 horas, na que se ofrecerá aos visitantes unhas 300 racións de empanada de merluza.
Para a organización e desenvolvemento destas dúas iniciativas o Concello conta coa inestimable colaboración da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro e de Puertos de Celeiro SA.
Por outro lado, cómpre facer referencia á existencia dunha bolsa de traballo, que permitirá que os hoteis rexistrados na mesma concerten reunións cos distintos tour operadores presentes na feira, redudando positivamente no aproveitamento da mesma. A existencia desta bolsa de traballo é posible grazas ás xestións realizadas pola Concelleira de Turismo, sendo a primeira vez que se fai.
Cómpre sinalar, finalmente, que ao longo destes catro días, o stand de Viveiro contará coa atención constante do persoal da oficina de turismo. A Concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez; o Concelleiro de Facenda, Educación, Participación Cidadá e Mar, Jesús Fernández Fernández; e representantes de AC Penalba desprazaranse estarán en Festur o sábado.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



