Lugo, 1 de xuño de 2017. A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este xoves na Praza de San Marcos a IX Festa de Xogos Tradicionais de Muimenta, que organiza a Asociación de Xogos Tradicionais de Muimenta (Xotramu) e que terá lugar o 3 de xuño no recinto feiral Manuel Vila do Concello de Cospeito. Fíxoo xunto ao Presidente de Xotramu, Manuel Vila López; varios membros da xunta directiva e veciños do municipio, que realizaron exhibicións de varios xogos populares. O organismo provincial colabora con Xotramu coa promoción e difusión deste evento cultural e turístico pola provincia de Lugo.
García Porto convidou a todos os lucenses a achegarse durante o vindeiro sábado a Muimenta e subliñou que “dende o Goberno da Deputación colaboramos con esta festa co obxectivo de fomentar o noso patrimonio lúdico-cultural e dinamizar a actividade e economía da vila, pois espéranse a participación de máis de 3.000 persoas. Quero pór en valor este tipo de iniciativas que manteñen vivas costumes e xogos da nosa terra ao mesmo tempo que ofrecen unha programación extensa de distintas modalidades de xogos para todas as idades. Todos estes xogos lévannos aos nosos pais, aos nosos avós, e a tantos tempos de ledicia que compartimos a través destas actividades populares.”
A xornada comezará ás 10:30 horas no recinto feiral Manuel Vila e contará con máis dun centenar de xogos de enredo, campionatos de distintas modalidades de bolos, chave ou billarda. Ademais haberá competicións de peóns, de corte con tronzón, de tiro á corda e varias exhibicións de deportistas vascos de talla de madeira profesional.
Programación
– A Festa de Xogos Tradicionais comezará ás 10:30 horas coa apertura do recinto feiral.
– Ás 11:00 horas haberá Xogos Tradicionais infantís e o Campionato de bolos.
– Ás 12:30 horas, demostración de tallas de madeira con motoserra e corte de coche con brosa, impartida por Ernesto Ezpeleta.
– Ás 14:00 horas terá lugar o xantar.
– Ás 15:30 horas, celebrarase o Aberto da Billarda Filloa 2017, unha competición de xogos tradicionais aberta ao público, e unha demostración do corte dun tronco impartida por Aizkolari.
Xotramu
É unha asociación de Muimenta que ten como obxectivo a recuperación de xogos tradicionais. Dende o ano 2008, Xotramu organiza a xornada de xogos tradicionais no recinto Manuel Vila do Concello de Cospeito, que conta coa participación de asociacións de toda Galicia, Asturias e Portugal. Unha das metas da asociación é que a Festa de Xogos Tradicionais sexa declarada Festa de Interese Turístico Galego.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



