Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2017.- O Resurrection Fest de Viveiro presentou hoxe na Cidade da Cultura de Galicia o seu programa deste ano e as cifras de negocio previstas para a súa duodécima edición, que terá lugar en Viveiro do 5 ao 8 de xullo, e que fan desta cita galega unha referencia mundial da música metal e hard rock.
O lexendarios Rammstein, que actuarán na medianoite do vernes 7 no que será o único directo dos alemáns este ano en en toda a Península, encabezan un cartel de máis de 100 bandas internacionais do xénero, entre as que se atopan outros colectivos emblemáticos como CJ Ramone, Sepultura, Anthrax, Dropkick Murphys, Airbourne, Suicidal Tendencies, Napalm Death, Mastodon, Rancid, Obituary, Holocausto Caníbal ou Agnostic Front.
Nos catro escenarios temáticos que se instalarán no amplo recinto do Resurrection Fest tamén haberá lugar para os artistas galegos e para moitas máis actividades arredor da música extrema. Todo está xa preparado para recibir unhas 25.000 persoas procedentes de máis de 30 países por cada día de celebración.
Unha vez máis, o Resurrection reforza así a súa posición de liderado entre as citas europeas de heavy, hardcore e punk, ao tempo que se consolida como o primeiro e máis antigo festival de rock e metal de toda España e figura no Top Ten de festivais de maior afluencia de público do Estado.
Na presentación que tivo lugar esta mañá interviñeron Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Iván Méndez e David Méndez, director e subdirector do Resurrection Fest, respectivamente; María Salgueiro, alcaldesa de Viveiro e Víctor Mantiñán, product manager de SON Estrella Galicia, principal marca comercial patrocinadora do evento. O acto contou tamén coa presenza de José Manuel Balseiro, delegado da Xunta de Galicia en Lugo.
Apoio da Xunta
Jacobo Sutil explicou que o de Viveiro é un festivais profesionais de música que reciben anualmente subvencións da Xunta de Galicia, a través da liña de axudas específica da Agadic para este tipo de eventos, convocatoria que se atopa nestes momentos en proceso de resolución.
Referiuse tamén aos irmáns Méndez como un dos mellores exemplos do que a industria cultural galega é quen de conseguir “cando se traballa de xeito acertado, con solvencia e con criterio”. Neste sentido, engadiu que o seu labor volve situar Galicia como escenario dun “macroevento de cifras que só que contan por milleiros”. Lembrou tamén que son unhas 55.000 persoas chegadas de máis de 30 países as que congrega cada Resurrection nunha localidade de 16.000 habitantes. Isto supón un impacto económico para toda a comarca da Mariña lucense e do Ortegal coruñés que os organizadores cifran en máis de 11 millóns de euros (dos que arredor de 500.000 repercuten directamente nas empresas locais e xeran 800 empregos directos e indirectos).
“Pero o seu mérito no se queda só nestes cómputos, senón que o intenso labor de produción e de xestión que se leva a cabo durante todo o ano desde a organización do Resurrection fai que recibamos en Galicia, nesta vindeira duodécima edición, un cento de bandas senlleiras de metal, hardcore, punk e rock”, expresou Jacobo Sutil.
Na edición deste ano, a organización continúa coa súa aposta por potenciar as instalacións e a ambientación do festival para conseguir, segundo Iván Méndez, “un gran parque temático do rock”, ademais de ampliar o recinto e dotar os visitantes dunha nova zona de acampada. Así mesmo, volve poñer a disposición dos nenos e as nenas o espazo Resukids, onde os máis pequenos poderán gozar da experiencia única do Resurrection Fest a través de xogos e propostas lúdicas adaptadas para as súas idades.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



