Un grupo de nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, participaron nesta calorosa mañá de domingo en Ribadeo no obradoiro. A actividade, totalmente gratuíta, desenvolveuse baixo o lema Xogamos con Acisa. Os asistentes gozaron cun xogo de oca xigante na carpa instalada no parque de San Francisco. O obxectivo deste obradoiro é que os nosos nenos e nenas sexan conscientes da importancia de manter vivo o pequeno comercio, das vantaxes que ten fronte ás grandes superficies e fronte ás compras por internet. Os máis pequenos deben ter presente o trato personalizado e a proximidade entre o cliente e o vendedor.
Obradoiro de consumo no comercio local, organizado por Acisa
Obradoiro de consumo no comercio local, organizado por Acisa
Relacionado
-
A Ponte de Arante celebra esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo