Viveiro 26-6-17.O pasado sábado celebrouse na localidade de Molinaseca (León) o Campionato de España de Carreiras de Montaña de Veteranos, nun circuito que constaba de 12.7km de continua subida cun desnivel positivo de 930 metros, o trazado discorría na súa totalidade pola senda de camiñantes do camiño de Santiago, aínda que en sentido oposto á marcha habitual dos peregrinos. O terreo no que se desenvolveron as probas eran casi na súa totalidade de terra compacta con algunhas zonas de pedra caliza e outras de terra con pedras soltas, pero o circuito estaba ben adaptado para a carreira a pé e tamén constaba de tres tramos de 400 metros de asfalto que discorrían polos pobos de Molinaseca, Riego de Ambrós e El Acebo.
A saída da carreira masculina tivo lugar en Molinaseca, na Ponte dos Peregrinos, a 12.7 km da meta que estaba situada no heliporto das instalacións militares conocidas como Retes 22, na localidade de Manjarín a 1500 metros de altitude. A saída da carreira feminina situouse en Riego de Ambrós.
Os atletas do C.D.Egovarros-Viveiro brillaron a gran altura, proclamándose campións de España na categoría W50, Susana Parguiña. Na categoría masculina en M75 fíxoo o seu compañeiro Antonio Cabana. A terceira atleta en subir ó podium foi Begoña de Arriba en W60 que se fixo co subcampionato de España.
Fernando Ramos, outro integrante do clube viveirense, tamén participou esta fin de semana no Campeonato de España de Veteranos de Pista ó Aire Libre en Elche, acadando dous quintos postos en 200 e 400 metros.
A vindeira cita na que competirán será o Campeonato Galego de 5km en ruta o vindeiro sábado en Curtis ( A Coruña )