Burela 9-6-17. Víctor López Real (Madrid,1987) regresará ao fútbol sala español co Pescados Rubén Burela FS para 2017-18. O peche de 29 anos, que xa defendeu a camiseta laranxa en 2011-12, chegará á Mariña procedente do italiano Cagliari Futsal, logo dunha enriquecedora traxectoria nacional e internacional.
“Teño que dar as grazas á directiva e a Juanma por darme a oportunidade de volver a España; tiña moitas ganas de regresar” explicaba Víctor López, entusiasmado co proxecto burelista: “Temos que ir aos poucos, paso a paso. É un gran cambio de equipo e categoría, pero estou seguro de que nos adaptaremos á perfección para que todo saia ben” concluía o madrileño, que será presentado oficialmente nas próximas semanas.
Tras o seu paso por Galicia, Fisiomedia Manacor (2012-13), Gyor Raba Eto (2013-14) en Hungría, Al Yarmouk en Kuwait (2013-14), Cagliari Futsal (2014-15, 2016-17), DLink Zaragoza (2015-16) e Plásticos Romero Cartagena FS (2015-16) completan a súa experiencia futbolística ata a data.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
