Lugo, 14 de xullo de 2017. O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, adiantou este venres que o Executivo Provincial pode ingresar dende xa nas arcas municipais o anticipo do 80% do Plan Único (que representan 16 millóns de euros do organismo provincial), que decidiu ofrecer aos Concellos para que ganen liquidez e poñan en macha canto antes as actuacións desta programación. Pode facelo porque transcorreron os prazos legais para a presentación de alegacións e non se formalizou ningunha. Pero necesita, en todo caso, recibir formalmente a petición deste adianto por parte de cada un dos municipios.
Santos Ramos explicou que “o mesmo día que aprobamos o Plan Único, avanzamos aos municipios que foran pedindo o anticipo para ganar tempo, pois o seu ingreso require de trámites administrativos, non é inmediato. 12 municipios xa o fixeron polo que nos vindeiros días lle ingresaremos preto de 3 millóns. Hoxe mesmo enviamos unha nova notificación aos municipios que non o pediron para que o fagan se o desexan”.
Concellos, orzamento e actuacións
Os 12 Concellos que solicitaron o anticipo do 80% e as cantidades que o Goberno da Deputación lles vai a ingresar son os seguintes: A Pontenova: 204.560 euros; O Valadouro: 214.866 euros; Alfoz: 204.007 euros; Ribadeo: 317.255 euros; Outeiro de Rei: 256.255 euros; Vilalba: 400.000 euros; O Incio: 219.661 euros; Quiroga: 257.440 euros; Folgoso do Courel: 207.453 euros; Antas de Ulla: 206.825 euros; Taboada: 240.776 euros; e Pol: 200.052 euros.
Son un total de 2.929.150 euros, cos que estes municipios poden iniciar a contratación de:
– 44 obras de mellora de infraestruturas e dotacións pública (accesos viarios, locais sociais, alumeados públicos, melloras de instalacións deportivas, acondicionamento de estradas, abastecementos de auga…).
– dun mínimo de 63 profesionais (se o fan a xornada completa e durante 1 ano) que ofrecerán 73.332 horas de atención a cando menos 662 maiores, aos que non atende a Xunta de Galicia, a través do Servizo a Domicilio a persoas non dependentes da Deputación.
– dun mínimo (se o fan a xornada completa e durante 1 ano) de 61 persoas para reforzar a prestación de servizos municipais a través do DepuEmprego.
Tendo en conta os mínimo do Servizo a Domicilio e do DepuEmprego, poderanse contratarán a un mínimo de 124 profesionais.
– e a de 40 actividades culturais, 25 deportivas e 17 eventos turísticos.