Burela, 6 de xullo de 2017. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, recibiu hoxe no Concello ao equipo xuvenil do Burela FS, que ven de proclamarse camión galego na súa categoría.
O edil burelés lembrou que “este equipo xa foi campión da división de honra na que milita e acaba de gañar o Memorial do Orzán. Para nós é unha honra recibilos no Concello”.
Ramiro Fernández indicou que “a categoría xuvenil é o paso anterior á posible chegada dalgúns destes rapaces ao equipo profesional. Pensamos que hai moitas posibilidades, podemos ser optimistas en confiar en que algún chegue á categoría de prata na que xoga o Burela FS”.
O concelleiro de Deportes animounos a seguir traballando para conseguir máis títulos e agradeceu o traballo realizados por xogadores, corpo técnico e equipo directivo do Burela FS. Os rapaces do equipo xuvenil, que recibiron unha placa en recoñecemento ao seu traballo, estiveron acompañados polos adestradores e tamén polo presidente e pola vicepresidente do club burelés.