Burela 7-7-17. A burelá Silvia Rubal Casas non continuará no Pescados Rubén a vindeira tempada. A ala laranxa, de 21 anos, decidiu emprender unha nova etapa deportiva e laboral fóra de España, no futsal italiano.
Deixándolle as portas abertas da que sempre será a súa casa, a Familia Laranxa deséxalle o mellor dos futuros a Silvia, que se quixo despedir da vila, da afección e do club cunhas emotivas palabras:
“Tras acabar os meus estudos e sen encontrar unha saída laboral, atópome nun momento da miña vida que me anima a saír a vivir novas experiencias, marchandodo meu club, da miña casa e incluso de España. O meu próximo destino será Italia, onde disfrutarei desta oportunidade, vivindo unha nova e bonita experiencia ademais de seguir crecendo, tanto deportiva como persoalmente, ao igual que o fixen aquí vestindo as miñas cores durante tanto tempo.
Estou feliz polo que esta decisión me deparará pero para min deixar o Pescados Rubén Burela FS e a Burela (en todo o seu conxunto) é demasiado complicado e triste, aínda que dalgunha forma sempre estarei e me sentirei vinculada a este club que me arroupou na miña chegada con tan só 15 anos e o que agora me abre portas a novos retos tras converterme na xogadora e persoa que son.
Precisamente foi este equipo o que me levou a viaxar por toda España, e á vez, ver que en ningún lugar se vive o fútbol sala coma aquí, na Mariña. Creo que calquera xogador/a debería incluír no seu curriculum deportivo, polo menos, un ano en Burela porque a forma de sentir este deporte, de “facer da casa” a xogadores/as que veñen de fóra e a “Marea Laranxa” converténdose na mellor afección do mundo que te segue a onde sexa sen importar os quilómetros co único obxectivo de unir ilusión e ganas, brindando todo o seu cariño e apoio; todo isto é único de aquí.
Simplemente MILLÓNS DE GRAZAS a todas as persoas involucradas (menos ou máis) neste deporte e neste club; dende directivos, adestradores, compañeiras…. ata, por suposto, a todas as persoas que cada sábado ocupan a bancada de Vista Alegre ou que dende a distancia brindan confianza e apoio.
ORGULLOSA DE SER PATAQUEIRA E DE PERTENCER SEMPRE AO BURELA”























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
