Burela, 18 de agosto de 2017. Onte xoves remataba o torneo de baloncesto 3×3 que se celebrou durante o mércores e xoves na praza da Mariña en Burela, organizado pola Concellería de Deportes en colaboración co CB Burela. No acto de clausura o edil Ramiro Fernández Rey e o alcalde, Alfredo Llano, fixeron entrega dunha placa ao equipo alevín feminino do CB Burela, que se proclamou campión provincial esta pasada tempada.
O concelleiro de Deportes explicou que “durante o acto de entrega de trofeos e medallas aos gañadores do torneo de baloncesto 3×3, que se celebrou estes días en Burela, fixemos tamén a entrega dunha placa de recoñecemento ao equipo prebenxamín feminino que quedou campión provincial esta tempada pasada”.
Ramiro Fernández Rey salientou que “foi un auténtico espectáculo ver xogar a estes rapaces. Puidemos comprobar que a canteira do Burela ten unhas figuras moi prometedoras de cara a un futuro”.
O edil socialista quixo “agradecer desde o Concello, e eu como concelleiro, a colaboración ao Club Baloncesto Burela nesta actividade”. E adiantou que “dado o éxito que tivo, tanto de participación como de público, imos seguir repetindo nestes veráns porque tamén cremos que é unha alternativa boa para darlle aos rapaces e rapazas para estas noites de verán, que ademais tivemos a sorte de que o tempo nos acompañou e tivemos unhas noites espléndidas”.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
