Ribadeo, 14 de agosto de 2017. Ribadeo acollerá a cuarta edición do Mercado de Rúa organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA)-Centro Comercial Aberto os días 19 e 20 deste mes, sábado e domingo. Nesta iniciativa, na que as tendas saen á rúa ofrecendo as últimas oportunidades e avances de temporada, participan 27 establecementos: Opticalia Ribadeo, Centro Auditivo Global, La Moda Hombre, Joyería Azabache, Modesto G, Anais, Pequerrechos, Mercería Vizcaya, Sanjurjo Moda, Sprit, Lencería Julia, Tu&Tu, R23, Menfer, Mercería Torviso, Platería Gutié, Farfala, Bis a Bis, Mika, Saia, Hola Ola Surf, Hola Ola Street, Glass, Fauna, Naná, Coco y Jatay.
A directiva de ACISA Ribadeo explica que esta actividade “consiste en que as tendas saquen á rúa os seus produtos, ben sexan restos de stock ou avances de tempada, no horario comercial habitual. É unha campaña orientada a que os establecementos participantes poidan poñer o broche de ouro ao verán e ás rebaixas sacando o stock que lles queda a un prezo rebaixado e iniciar a venta da nova tempada. Cremos que é unha actividade cun toque diferente pois en vez de facer feiras de stocks en recintos preferimos sacar as propias tendas á rúa e aproveitar o ambiente de verán. Nesta campaña participan case 30 comercios asociados, 27 exactamente, xa que pola loxística que implica e dependendo do produto que se venda hai moitos que non poden facelo aínda que quixeran”.
O colectivo empresarial engade que “todos os establecementos participantes sacarán de maneira vistosa os seus produtos á rúa para achegalos aos clientes e intentar darlle un último empurrón á tempada de verán”.
Festas patronais
Por outra banda, ACISA fai público o seu agradecemento á labor da comisión organizadora das festas patronais deste ano, que “traballan arreo para sacar adiante tanto a festa de San Roque como as de Santa María do Campo e quixeron contar coa colaboración desta asociación, que está moi orgullosa disto. Consideramos que todas as festividades, pero en especial San Roque e a patroa, son de gran importancia para a vila, pois supoñen un motor tanto para a hostalería como para o comercio no remate do verán. Por iso ACISA aportou, na medida das súas posibilidades, financiamento para as festas e cremos que é importante que volvan ao centro da vila, tal e como nos fixeron chegar moitos socios. Ademais queremos desexar felices festas a todos os veciños, veciñas e visitantes”.






















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



