Barreiros 28-9-17. O clube barreirense confirma as tres incorporacións para o conxunto, dos que esperan xogo, pegada e experiencia.
O focense Diego López, ven de terreos asturianos do Boal F.S, logo de criarse na canteira do Burela F.S.Xogador con clase e cunha gran calidade dos que gustan no Municipal de Barreiros.
Guillerme Cunha Silva, directo de Brasil, chega a Barreiros despois de xogar no Senegal F.S (Brasil ).O xogador brasileiro posúe unha gran pegada e do que se espera que aumente a faceta goleadora do equipo.
Pablo Rodriguez , do pobo veciño de Ribadeo, chega o conxunto logo dunhas tempadas inactivo. -Formou parte do F.S Ribadeo e do Ribadeo de Fútbol. Espérase que o xogador aporte o conxunto toda a súa experiencia e visión de xogo.
Así a Dirección Técnica do clube cerra o plantel, do que esperan compromiso e sacrificio. O Praias de Barreiros, inicia a súa andaina este fin de semana viaxando a Ferrol para enfrentarse o Silver P6.
