Teño moi presente o día en que miña Nai me fixo entrega dun sobre cheo de papeis, eran de cor verde e grampados, antigos e mecanografados, era a acta dun Xuízo de Guerra do terzo norte da Garda Civil contra os Carabineiros que organizaron a defensa da vila de Ribadeo nas datas seguintes ó 18 de xullo do 1936 (dito documento está depositado na Fundación Luís Tilve, para súa conservación e custodia). Un dos procesados era meu avó Manuel Docampo.
Axiña caín na conta das expresións que se usaban: “Traición”, “Glorioso Día de la madre patria España”, “alzamiento nacional por la gracia del Señor”, “cobardía” “unidad Nacional”… As condenas eran a cárcere e á pena de morte en dous casos. Para que dicir que aquel proceso foi sen defensa e sen garantías. Así se instalou o fascismo de Franco, o “dono” do Pazo de Meirás.
Por iso, en memoria xa non só de tódalas vítimas do franquismo, senón que tamén por respecto ás que figuran en dito escrito, lembro tódolos nomes, eu nunca partillaría debate cunha persoa que defenda e dea parabéns ó réxime fascista de Franco, non existe Pazo que o mereza. Considero que é darlle unha condición de normalidade que non debera ter, a Fundación Franco é de por si un despropósito e unha falla de respecto a moita xente, que so é posible no Estado español.
Hai alguén que pense que a Fundación Francisco Franco pode ser un interlocutor válido? Coido que non. Non deixa de ser unha incoherencia que se proceda a debater con aqueles que durante 40 anos secuestraron o debate, que censuraban as reunións da xente e que controlaban en tódolos niveis os movementos das persoas, para preservar a “grandeza” do seu líder. Eu nunca mantería un debate con quen non cree no debate, como aconteceu o sábado nunha cadea estatal, iso é enganar á xente. Máis forza ten para min esta postura cando estou nunha organización política que sempre foi apartada do dereito ó debate.
Non poño en dúbida a lexitimidade da acción política de reclamar o que é do pobo, está claro que o Pazo de Meirás ten que ser das persoas que sentimos Galicia, eu tamén berro moitas veces pola liberdade roubada a meu avó e os seus compañeiros carabineiros, a dous deles incluso a vida. O problema é cando a acción partidaria perde o fondo e lexitima pasivamente a estes individuos entrando no xogo do “Prime Time” para dar a coñecer unha “Fundación” que moitos ignoraban e que doutro xeito non estaría na palestra con dereitos que eles non creen.
Por suposto opino que Meirás ten que ser patrimonio de Galicia de carácter público, iso non esta en dúbida, iso é de recibo.
Entendo tamén a búsquea de “efectos” como arma política, os minutos de televisión son caros, seino ben. Pero coido que estes minutos foron caros de máis polo retroceso que se produce dando normalidade a unha posición que non debe tela, ollo pois ós “efectos boomerang”.
Juan Carlos Piñeiro Docampo
Sº XERAL DE CxG




















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



