Cervo (Lugo), 18 de setembro de 2017.- A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de conceder sendas axudas para apoiar tres proxectos de mellora das infraestruturas en Cervo por un importe global de preto de 150.000 euros.
Así, a través dunha axuda do Fondo de Compensación Ambiental –que deriva do canon eólico- o Goberno galego destina 40.000 euros ao saneamento da zona do cemiterio na parroquia de San Román de Vilastrofe. Con cargo a esta mesma subvención, pero na liña competitiva a Xunta achegará o 80% do custe de execución do saneamento de Praza, na parroquia de Castelo. O investimento para esta actuación é de preto de 40.000 euros
Por outra banda, e a través da orde de mellora de infraestruturas de uso público a administración autonómica financiará o 80% do custe total da obra de modernización da carpintería exterior da casa do Concello, unha obra que conta cun orzamento de case 60.000 euros.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que ambas subvencións enmárcanse na liña de colaboración que a Xunta ten cos concellos para impulsar, en común distintas, iniciativas que redundan no beneficio dos seus veciños. Dixo tamén que estes apoios permiten que os concellos poidan dispoñer do financiamento necesario para executar obras que doutro xeito terían máis complicado asumir con recursos propios.
Saneamento na parroquia de San Román e na de Castelo
A primeira das actuacións implicará a extensión da rede de saneamento nun espazo rural que ata o de agora carecía deste servizo: o núcleo da Pena, na parroquia de San Román. A achega permitirá construír 574 metros de colectores en distintos ramais, así como os correspondentes pozos de servizo. Inclúe tamén as obras necesarias para a creación desta nova rede e reposición dos terreos á súa situación anterior.
Por outra banda tamén se acometerá esta nova infraestrutura hidráulica en Castelo, o que permitirá conectar o núcleo de Praza coa estación depuradora que xa existe nesta parroquia e ampliar este servizo que ata o de agora só estaba dispoñible nos núcleos de O Castro, A Igrexa e O Pazo, desta mesma parroquia.
Desde o punto de vista medio ambiental esta actuación garante o tratamento das augas residuais para os actuais veciños e evita vertidos contaminantes no Río Cobo, ao seu paso por esta localidade. Ademais o proxecto incorpora a toda rede de colectores e conexións precisas para o seu axeitado funcionamento e tamén, grazas ao dimensionamento necesario as previsións necesarias para asumir, de producirse, un futuro crecemento no número de veciños e de novos usuarios da rede.
Renovación da carpintería exterior na Casa do Concello
Por outra banda, o apoio da Xunta tamén será decisivo para impulsar a remodelación da actual Casa do Concello, sede administrativa local, que alberga e desde a que se prestan a maioría dos servizos municipais e onde os veciños se achegan para realizar todo tipo de trámites co Concello e co resto das administracións públicas a través do portelo único.
A axuda da Xunta permitirá renovar toda a carpintaría exterior, das fiestras e portas que serven de acceso á Casa Consistorial, e que sofren o lóxico desgaste polo paso do tempo e as inclemencias climatolóxicas. A obra contribuirá non só a modernización do actual edificio –inaugurado en 1989- senón tamén a garantir un mellor illamento e, polo tanto, máis eficiencia enerxética co consecuente aforro nos gastos de climatización. Ademais redundará na mellora das condicións de traballo para o persoal que presta servizo nestas instalacións e de todos os veciños de Cervo e potenciais usuarios.


























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



