Viveiro 6-9-17. A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha de novo a partir do xoves 14 de setembro o Juepeo, os Xoves en Viveiro Tapeo.
Nesta nova edición serán 16 locais os participantes, esperando algunha incorporación máis para o mes de Outubro.
Os locais participantes son Bar La Fontana, Gastrobar Los Leones, Cornelius Taberna Gastronómica, Kiev Café, Bar O Atallo, Bar Calviño, Restaurante Casa Pepi, Bar Normandy, Mesón O Recuncho, O Rincón do Tronco, Asador La Quinta, Gastrobar Hotel Urban y Mesón A Ría. Como novidades incorpóranse o Restaurante Esmorga e Arume Gastrobar. En Outubr reincorporarase o Restaurante O Muro.
Estos locais ofrecerán tódolos xoves unha tapa ó prezo de 1,50€. Esta xa é a terceira edición que se pon en marcha, unha inciativa que foi moi ben acollida polo público e que pouco a pouco foi medrando e asentandose como a alternativa de ocio para os xoves. O obxetivo desta campaña é dinamizar os negocios de hostelería do Centro Histórico, e que mellor que ofrecerlle ós clientes unhas boas e variadas tapas a un prezo moi asequible. Só hai que darse unha volta un xoves de tapeo por Viveiro para ver o ambiente que se crea en torno ó Juepeo.
Seguiranse sorteando entre os clientes 200€ en vales de compra a consumir nos locales participantes, repartidos nun premio de 100€ e dous de 50€. A forma de participar é moi sinxela, con cada tapa entregase ó cliente una tarxeta para que vote que lle pareceu a tapa, cubre os seus datos e deposítaos nas urnas que haberá habilitadas en cada local. Por cada tapa que proben, unha posibilidade de gañar.
Para o primeiro xoves de tapeo arrancamos con:
– Bar la Fontana.- Brocheta con Salsa Gaucha e guarnición.
– Gastobar Los Leones.- Miniburguer BBQ
– Cornelius Taberna Gastronómica.- Tetiña de codillo ó forno, queixo manchego, mazá caramelizada e pataca panadeira.
– Kiev Café.- Alitas de pollo con salsa piri piri
– Bar O Atallo.- Zorza a la tasca
– Bar O Calviño.- Parrillada de marisco
– Restaurante Casa Pepi.- Milhoja de solomillo
– Bar Normandy.- Milhoja de pataca e xamón con ovo
– Mesón O Recuncho.- Mamota dominicana
– Asador La Quinta.- Hamburguesa de vaca con queixo provolone, cebola vermella, leituga, tomate e chimichurri.
– Gastrobar Hotel Urban.- Bonito en rolo
– Arume Gastrobar.- Alitas rancheras en salsa Arume
– Restaurante Esmorga.- Repollin relleno da avoa
– Mesón A Ría.- Chipirones encamados encebolados.
– O Rincon do Tronco estará este primero xoves cerrado por vacacions. Comenzarán o Jueveo o xoves 21.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



