Estreouse a nova paxina web.Temos en posesión dous dominios: www.acdxove.es. e tamen www.acdxove.com en calquera dos dous podedes acceder a nova paxina da ACD.XOVE.
Trátase dun diseño “mobile first”, co cal pretendemos que os usuarios poidan navegar comodamente por ela, dende calquer dispositivo (móvil, tablet…), e tamén convertila nunha páxina máis interactiva para facer nela toda clase de xestións.
E a partir de hoxe tamén tódolos Socios podedes facer as Inscricions as Escolas Deportivas e Culturais, ONLINE.
Unha ferramenta moi útil, e que nos vai ir facendo olvidar as follas de inscrición que tiñamos anteriormente, tendo que cubrir e entregar polos medios de sempre.
En principio vanse poder inscribir solo as familias que xa sexan Socias. Os que non sexan Socios, terán que poñerse primeiro en contacto con ca Xunta Directiva e despois cando esteñan rexistrados como Socios, xa poderán inscribirse.
Mais adiante, tamén se poderán rexistrar e darse de alta como Socios a través da páxina web.
Damos comezo a unha nova etapa, aproveitando o último da tecnoloxía web, e dende ACD.XOVE, queremos animarvos a facer uso dela.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



