Titúlase Os contos do chupete e corre a cargo de Migallas Teatro. A bibliotecaria municipal, María Jesús Álvarez Sánchez, explica que “Os contos do chupete é unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán chuchar contos, cancións e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia”. Esta actividade é para bebés de 0 a 3 anos, ten unha duración de 35 minutos e forma parte da iniciativa Ler conta moito.
