Ribadeo, 5 de outubro de 2017. Hoxe deu comezo o lavado dos contedores verdes tanto na vila como nas parroquias, segundo ven de anunciar o concelleiro de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos, Jorge Díaz Freije. A empresa encargada de realizar estas tarefas é Urbaser, que fará 500 lavados en outubro. Estes traballos prolongaranse ata finais da vindeira semana.
O edil nacionalista explicou que “agora en outubro estamos a actuar, tal e como está previsto no contrato coa empresa Urbaser, en 500 contedores das parroquias e da vila”. Jorge Díaz pide desculpas “polas molestias que se poidan ocasionar a primeira hora da mañá, xa que algún ruído producirá a limpeza destes colectores”.
A empresa Urbaser fai 1.400 lavados anuais durante tres anos (2017, 2018 e 2019). O custe total destas tarefas é de 30.000 euros.
Jorge Díaz Freije aproveitou para agradecer “o esforzo dos veciñas e veciñas que se preocupan por reciclar o lixo, por clasificado e depositalo nos contedores axeitados: verde, amarelo, vidro e cartón” e advirte que “imos vixiar de xeito máis exhaustivo os malos hábitos dunha parte da veciñanza que non pecha as bolsas antes de tiralas nos contedores ou que deixa os colchóns, sofás e enseres en calquera lugar”. E lembrou unha vez máis que “en Ribadeo contamos con punto limpo, con recollida de cartón porta a porta e de enseres. Temos un montón de servizos a disposición da veciñanza para ter a vila o máis limpa e decente posible”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



