Ribadeo, 5 de outubro de 2017. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) comeza este sábado, 7 de outubro, en Ribadeo o proxecto denominado Fins de semana tecnolóxicos cos que trata de facer unha aposta decidida pola formación continua. Na xornada deste sábado abordarase a diagnose de determinados problemas dos vehículos coa utilización dun osciloscopio. O presidente de APAGA, Álvaro Doural, subliña que será un curso totalmente práctico. Ofértanse 12 prazas e xa están practicamente cubertas, pero dende a organización informan de que as persoas interesadas en asistir poden dirixirse ao seguinte correo electrónico apagaribadeo@gmail.com
Álvaro Doural salienta que “estamos a facer unha aposta importante polo que é a formación continua do profesorado, dos técnicos de talleres e da xente que se dedica ao mundo do automóbil ou afeccionados. Todas as actividades nosas son abertas para que todo o mundo que queira e estea interesado poida participar. Denominamos este proxecto Fins de semana tecnolóxicos e desenvólvense sempre os sábados en xornadas de oito horas, catro pola mañá e catro pola tarde, e temos en medio unha comida de traballo”.
O presidente de APAGA anuncia que “este sábado empeza esta etapa que vai ir do 2017 ao 2018, cun curso de manexo de osciloscopio, diagnose tanto en motores diésel como en motores de gasolina, que vai ser impartido polo profesor e enxeñeiro Ramón Feijoo, de Vigo. Vai ser un curso totalmente práctico no que analizaremos como se utiliza esta ferramenta para poder diagnosticar determinados problemas que moitas veces xorden no automóbil”.
Doural anima “á xente que estea interesada, a que se poña en contacto con nosoutros. Neste momento aínda queda algunha praza porque son grupos moi reducidos, de doce persoas como máximo. Os interesados poden dirixirse ao correo electrónico de APAGA, apagaribadeo@gmail.com e miraremos de facerlles un oco, senón é neste curso no próximo. Máis adiante miraremos de organizar algún outro sobre esta temática para dar resposta a todas as necesidades, si fose necesario”.
O presidente de APAGA manifesta que “a idea nosa é organizar un curso cada mes. Xa está programado un curso de pintura no mes de novembro e está por programar o de decembro que será de climatización posiblemente. Vanse ofrecer algunhas cousas como un curso de impresión en 3D e outro de son. Vai un pouco tamén en función da dispoñibilidade dos técnicos. Nós pensamos que hai que traer xente que veña a aportar novas tecnoloxías porque ademais de ser nun día de descanso queremos que sexa unha xornada na que a xente aproveite esas horas que vai estar aí”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



