A delegación de cultura do concello do Valadouro adiántase á celebración do Samín cun espectáculo familiar ofertado polo mago PI. Como preámubulo á actividade, haberá un obradoiro de pintacaras para introducirnos un pouco máis no ambiente do samaín. A cita, este sabado a partir das 19:00 horass para o obradoiro de pintacaras e apartir das 20:00h. para o espectáculo de maxia do mago PI no salón de actos da casa da cultura do concello do Valadouro.
