A Mariña 3-10-17. Dende a Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña facemos un chamamento a toda a comarca da Mariña na defensa da sanidade pública, desde a vocación de aglutinar a toda a sociedade independentemente das nosas ideas políticas.
A veciñanza da Mariña debe ser consciente da magnitude deste desafío, necesita unirse e pronunciarse en defensa duns dereitos sanitarios gañados con esforzo por xeracións e dun futuro solidario, no que a Sanidade Pública e a nosa Área Sanitaria son irrenunciables.
Non podemos consentir, que se xogue co futuro dos nosos veciños, dos nosos maiores e dos nosos fillos. O noso obxectivo é a defensa da sanidade, unha sanidade pública de calidade e de proximidade.
E por iso, animamos a toda a cidadanía a loitar xuntos e organizados contra os recortes indiscriminados que se están aplicando, que só atenden a criterios económicos, así como, a NON permitir que se elimine a nosa área, a Área Sanitaria da Mariña.
Por todo o anterior, esta Xunta de Persoal fai un chamamento a toda a sociedade para saír unida á rúa este xoves de 5 outubro e participar na mobilización cidadá convocada pola Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



