Ribadeo, 3 de outubro de 2017. RadioVoz A Mariña inicia este xoves, día 5, un espazo semanal sobre meditación e mindfulness a cargo dos ribadenses Juan Luis e Guillermo Amor. Será unha nova sección no programa Voces da Mariña, que presentan Félix Jorquera e María José Fernández Azpeitia de luns a venres de 11 a 12 da mañá. RadioVoz A Mariña emite no 102,3 FM desde Ribadeo e no 88,5 FM desde Viveiro.
Juan Luis e Guillermo Amor explican que “el mindfulness consiste en poner las bases de la meditación a funcionar a lo largo del día, ya que nos encontramos con dificultades e imprevistos y entonces aplicamos las técnicas de relajación a la vida diaria. Llamamos meditación al uso de técnicas para enfocar nuestra atención y ayudarnos a desarrollar cualidades positivas, como la concentración, la claridad de conciencia y la aceptación. El mindfulness trata de realizar una introspección que nos haga ser conscientes de lo que está sucediendo mientras lo experimentamos, tanto si son sensaciones físicas de nuestro cuerpo como pensamientos o emociones que surgen de nuestra mente. Consiste en comprender que sucede en nuestra experiencia en el instante en el que ésta se esta produciendo y allí donde estemos. Tanto la meditación como el midnfulnes están enfocados a realizar un mejor uso de la mente. Esto aplicado a las empresas lo que hace es mejorar muchísimos aspectos, desde el nivel personal entre los compañeros hasta a nivel profesional: mejora la productividad y las relaciones entre los trabajadores. Lo que pretendemos es trasladar estas técnicas a la vida de cada uno”.
Juan Luis e Guillermo Amor poñen en marcha un grupo de meditación e mindfulness que comeza as actividades este xoves, 5 de outubro, ás oito e media da tarde nas instalacións de Anima Mundi Ribadeo CV, que están na Avenida de Asturias 7-9 baixo da vila ribadense. As catro xornadas desta actividade que se desenvolverán durante os xoves deste mes serán gratuítas e os interesados en continuar deberán realizar unha achega de 25 euros ao mes. As inscricións poden facerse en Anima Mundi Ribadeo CV, chamando aos teléfonos 620.73.85.93 ou 620.21.65.82 ou ben a través do correo electrónico Creainteligenciaemocional@gmail.com.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



