Voz amiga acaba de transmitirnos a triste nova: “na noite pasada finou Carballo”.
Hai un par de anos o popular crego polifacético: escritor,mago,malabarista, humorista,actor fora obxeto dunha homenaxe: con tal motivo editouse o libro “Cerna de carballo: Xosé M. visto por 200 amigas/os”. Nel decimos:
“Vai por catro décadas o tempo da nosa amizade con X.M .Carballo. A relación de ambos con Mondoñedo, por razóns diferentes, foi a orixe dun coñecemento que non tardou en afianzar un afecto sincero, a pesar de que as vivencias cotiás danse en escenarios afastados: él ten como centro as terras Chás de Castro de Rei, e o que asina a beiramar focense.
Pouco había que, na cidade da Paula, creárase o Orfeón do que era presidente Roberto Michelena e director don Uxío García Amor.Naqueles tempos tiñamos en Foz aberta unha fronte a prol do Asilo para dotalo de calefacción, furgoneta, cadeiras de rodas… e a actividade mais rendible económicamente eran os festivais de música, cancións, humor; maxia e prestidixitación que en cada función enchían a sala de 600 localidades.
O Orfeón era, amais de magnífico, toda unha embaixada artística cun brillante elenco, sempre exitoso: Os Trovadores de Mondoñedo, o cadro humorístico de Manuel de Ambroz e Antón das Cuxeiras; Michelena, Araújo, Maruxa Balsa e Carballo, que redobraba unhas actuacións cheas de inxenio e simpatía, e a habilidade do mago/prestidixitador que se gañaba a simpatía e a admiración duns espectadores que valoraban o sentido didáctico e moralizante de quen é de natureza xeneroso e altruista, alleo a plantexamentos doutra índole, plenamente conscente de que “só unha cousa é necesaria: a Felicidade”.
Ás nosas chamadas, que se prodigaban, acudía o colectivo da vella cidade e con él Xosé Manuel: intelixente,imaxinativo, retranqueiro; sempre facendo felices ós demais; MESTRE que a cotío imparte lecccións de vida. Temos a súa amizade por don impagable”.
Xosé Manuel Carballo acaba de deixarnos. Sorte que teñen ánxeles e arcánxeles que gañan a súa irrepetible compañía.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



