Foz 5-10-17. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O tráfico no noso Concello sempre foi unha problemática moi importante. Durante esta lexislatura “Foz, Plataforma de Futuro” sempre o tivo en conta, e trouxemos numerosas iniciativas para melloralo, sempre pedindo os informes pertinentes para executalas ós técnicos municipais correspondentes.
Unha rúa que nos últimos tempos tivo un incremento importantísimo de tráfico foi a Rúa da Fonte da Cruz, e observamos moitas dificultades de circulación tanto na zoa de edificación desta rúa como na súa saída cara a Avda. de Asturias. Entendemos que esta arteria de circulación é moi usada tanto para a entrada como saída do noso casco urbano, e sen embargo, vemos como por una banda na zoa de edificación o haber aparcamento de coches nos dous marxes da rúa existen dificultades para circular, e por outra banda na saída cara a Avda. de Asturias hai un embudo que fai que os coches teñan que esperar que pasen uns para pasar os do sentido contrario. Así mesmo o firme desta rúa atópase nun estado lamentable.
Por todo o exposto o Grupo Municipal de ”Foz, Plataforma de Futuro” propón ao Pleno da Corporación de Foz a adopción do seguintes ACORDOS:
-Que os técnicos municipais correspondentes fagan o informe necesario para a reordenación do tráfico da Rúa da Fonte da Cruz e se execute en base a eses informes.
-Que se repare o firme de dita rúa.