A Mariña, 1 de outubro de 2017. A Deputada do BNG Olalla Rodil reuniuse na mañá de hoxe cos extraballadores da empresa Arriva, que se atopan desde o oito de agosto sen emprego e sen salario debido ao incumprimento da UTE Morán-Rodríguez de subcontratalos ao resultar adxudicataria do contrato de transporte regular “Viveiro-Ribadeo, con anexos”, asinado entre esta e a Xunta.
Segundo explicaron os propios afectados “o dous de agosto, Arriva comunicou unha subrogación que nunca chegou a facerse efectiva porque a nova concesionaria di non ter constancia de que os contratos poidan subrogarse”, relatan desde o BNG.
Os traballadores tamén lle fixeron chegar á representante nacionalista “que senten unha sensación de abandono por parte de todo o mundo, xa que hai case dous meses que viven esta situación e aínda ninguén puxo solucións enriba da mesa.”
Olalla Rodil trasladoulles a disposición do BNG para apoiar as súas demandas e comprometeuse a facerllas chegar á Xunta de Galiza a través do Parlamento.
A deputada nacionalista sinalou que “a situación ten que solucionarse inmediatamente, porque son dez familias que están a pasar dificultades por culpa da deixadez de funcións da Xunta de Galiza, que está sendo incapaz de solucionar un problema que xerou ela mesma ao poñer en marcha un nova plan de transposte casi improvisado e sen ningún tipo de estudo previo.”
Desde o BNG apoian a demanda dos traballadores de que sexa a Xunta de Galiza quen se faga cargo dos mesmos se non lle pon solución á situación que padecen.
A continuación visita á Festa da Faba en Lourenzá.
A Deputada nacionalista tamén aproveitou a visita á Mariña para acudir á Festa da Faba, onde charlou coas produtoras e produtores e onde sinalou que “festas coma estas, nas que se pon en valor o produto propio, de calidade e creando valor engadido, demostran que o rural galego está vivo e ten posibilidades. Só é preciso que as políticas públicas que se adopten sexan de apoio ao mesmo e non de afogamento, sendo conscientes da realidade sociopolítica do noso País”, manifestou en referencia á normativa que pretende sancionar o traballo voluntario nas labores agrarias.
Durante a súa visita en Lourenzá tamén intercambiou pareceres con integrantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública na Mariña, que participaban nun reparto de información para a manifestación do vindeiro xoves 5 de outubro. “O BNG ten claro que as veciñas e veciños da Mariña non precisan un hospital máis grandes, pero con menos ou peores servizos. Esta comarca o que precisa é unha atención sanitaria integral o máis próxima posible ás cidadás e cidadáns. E para iso o que hai que facer é dotar ao Hospital de persoal e de medios e garantir que a atención primaria sexa unha porta de entrada ao sistema sanitario coa debida calidade.”
Olalla Rodil trasladoulles o apoio do BNG ás reivindicación da Plataforma Sanitaria e animou ás veciñas e veciños da Mariña “a saír á rúa o vindeiro xoves 5 de outubro para, igual que xa fixeron no Salnés ou Valdeorras, que a mobilización sexa un éxito e amose que a cidadanía non está disposta a seguir cedendo competencias en benefició do Hospital de Lugo, alonxando así os servizos da xente.”
A Deputada nacionalista asegurou que “se o PP volve a atopar á xente nas rúas, coma no 2013, terá que volver poñerlle freo á súa aspiración de facerlle desaparecer á área sanitaria da Mariña, igual que fixo daquela”, concluíu.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



