Lugo, 27 de novembro de 2017.- A Consellería do Medio Rural ven de poñer en marcha 26 proxectos de traballos forestais na provincia de Lugo, que supoñen limpar, acondicionar ou reforestar máis de 200 montes na provincia. Todos eles son propiedade de particulares, pero teñen asinado un convenio de xestión coa Consellería do Medio Rural. A meirande parte dos montes pertencen a comunidades veciñais ou de montes en man común.
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou hoxe en rolda de prensa os pormenores destes proxectos, nos que a Xunta inviste 3 millóns de euros (en concreto, 2.972.427,30 euros), e que suman arredor de 1.700 hectáreas distribuídas en 37 concellos da provincia. Todas as obras están en marcha -deron comezo no mes de outubro- e os traballos estenderanse ao longo do ano 2018.
Balseiro afirmou que “coa aplicación das técnicas silvícolas axeitadas, a Xunta procura a valorización do monte galego para que sexa un activo de importancia para os seus propietarios, produtor de rendas e servizos, ao tempo que mellora e consolida a estrutura forestal da provincia”.
Nos máis de 200 montes sobre os que se vai actuar realizaranse traballos silvícolas como rozas, rareos, podas ou tratamentos fitosanitarios. Igualmente, executaranse proxectos de ordenación e de recuperación forestal, especialmente nos montes danados, que se viron afectados por lumes, pragas e outras circunstancias.
O delegado puxo de manifesto o “esforzo orzamentario así como de recursos humanos e de tempo” que conlevan estas actuacións, que se programan todos os anos -sinalou- “porque cremos no potencial forestal desta provincia e porque sabemos que ter os montes en boas condicións é un valor á hora de evitar ou reducir os danos que provocan os incendios”.
Na mesma liña, indicou que os obxectivos fundamentais das actuacións de silvicultura son reducir o risco de incendios ao eliminar combustible vexetal e maleza, mellorar a produción de madeiras de calidade e consolidar aproveitamentos forestais complementarios e, por último, crear emprego e riqueza no medio rural a través desta actividade.
Ao respecto, destacou que dos preto de 3 millóns de euros, a contía máis numerosa (1.830.285 euros) distribúese nun macroproxecto que afectará aos montes das serras orientais: a zona sur e comarcas dos Ancares e A Fonsagrada.
“Estes investimentos son unha proba máis de que a Xunta traballa intensamente para manter nas mellores condicións posibles os montes da provincia”, asegurou Balseiro, ao tempo que pediu “tolerancia cero con quen planta lume no monte intencionadamente, para erradicar esta lacra que tanto nos prexudica económica e socialmente”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



