O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, participaron este martes, nos actos que organiza ADIL (Asociación de Diabéticos de Lugo) no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, con motivo do Día Mundial da Diabetes, que se celebra o 14 de novembro. Durante toda a xornada, enfermeiras voluntarias medirán o nivel de glicosa en sangue a todos os interesados en facer a proba. Esta campaña ten como finalidade sensibilizar á cidadanía da importancia de levar un estilo de vida saudable e unha alimentación equilibrada para prever novos casos e retrasar a aparición da enfermidade. Actualmente, na provincia de Lugo están afectadas por esta doenza que non presenta ningún tipo de síntoma, máis de 2.000 persoas.