Lugo, 21 de novembro de 2017. A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto; a Concelleira de Economía, Ana Prieto Nieto; e a organizadora da gala Montserrat Arias Freire, presentaron este martes, na Sala de exposicións do CENTRAD, a Gala da Moda, A Muller na Arte. Trátase do evento benéfico que organiza a Asociación de Creadores de Moda Lucenses, coa colaboración de Deputación e Concello de Lugo. O desfile terá lugar o vindeiro 30 de novembro, a partir das 21:00 horas, no Círculo das Artes de Lugo. Esta edición estará dedicada á figura da muller na arte, coincidindo co homenaxe que a Real Academia Galega rendeu á artista Maruja Mallo con motivo do Día das Artes Galegas. A gala é de carácter solidario pois todos os fondos recadados irán destinados á Escola Shantidi. O aforo será de 500 persoas e as entradas terán un prezo de 15 euros. No acto, tamén estiveron presentes deseñadores e artesáns participantes na gala.
García Porto explicou que “dende o Goberno da Deputación apoiamos esta iniciativa co obxectivo de poñer en valor e promocionar o traballo que están realizando os deseñadores e artesáns da provincia no eido da moda, así como o labor dos perruqueiros, modelos e estilistas que participan no desfile. O éxito da industria téxtil en Galicia é evidente, pois supón o 10% do PIB galego, sendo a comunidade que máis moda exporta en toda España e facturando máis de 22.400 millóns de euros”.
A Deputada de Cultura subliñou que “estamos orgullosos de contribuír, ademais, a promover e visibilizar a través da moda a fundamental actividade que desempeñan os colectivos sociais, como é o caso da Escola Shantidi, unha asociación que traballa en prol da igualdade para mellorar as condicións de vida dos nenos e nenas e das mulleres que viven nos lugares menos desenvolvidos da India”.
Pola súa banda, Prieto González amosou o seu orgullo “por visibilizar o labor que realizan as mulleres a través deste desfile. Dende o Concello de Lugo sempre estaremos ao carón deste tipo de iniciativas que dinamizan económica, social e culturalmente a nosa cidade”.
Arias Freire agradeceu o intenso apoio da Deputación e do Concello de Lugo e destacou que “teremos o privilexio de que o desfile se celebre no Círculo das Artes, un dos entornos e espazos máis emblemáticos de Lugo”.
5 deseñadores de moda
Ata o momento, os deseñadores confirmados nesta Gala da Moda, A Muller na Arte son: Montse Arias, Sara Lage, Tina Corton, Manuela López e Epifanía Brand. Ademais, participarán varios artesáns e 16 modelos; 12 mulleres e 4 homes. O evento non sería posible sen a colaboración que prestan de xeito totalmente gratuíto e desinteresado varios colaboradores: Mikangels Model; Enigma Eventos; Ávalon Peluqueros; Mercedes Benz Ditram Automoción; Estrella Galicia; e Arenal.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



