Xove, a 16 de novembro de 2017. A asemblea informativa celebrada o pasado 15 de novembro no Centro Cívico de Xove reuniu a unha veciñanza moi preocupada pola pretensión do goberno da Xunta de eliminar a Área Sanitaria da Mariña, contribuindo así ao desmantelamento da nosa comarca, a máis dinámica da provincia, e xa moi menoscabada en infraestruturas e comunicacións.
A Plataforma Sanitaria comezou a súa intervención relatando a deriva que dende a aprobación do Decreto das EOXI ven sufrindo a nosa sanidade, con incrementos nas derivacións cara a Lugo para probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas, moitas veces a hospitais privados. Foi no ano 2013 cando se aprobaron por decreto estas estruturas de xestión integrada malia resposta cidadá masiva, que se manifestou en contra e coa promesa por parte da Xunta de que suporían un importante aforro para o sistema público. Estamos ainda agardando polos datos obxectivos do aforro que supuxo a implantación das EOXI, porque ainda non foron que de poñelos enriba da mesa- manifestaron.
Se as EOXI foron sinaladas coma un erro pola meirande parte d@s profesionais do sistema público e vividas polos doentes con perdas paulatinas de servizos nos hospitais máis periféricos en beneficio dos hospitais de segundo nivel das capitais, a aprobación deste anteproxecto que eliminaría a área Sanitaria da Mariña viría a agravar e incrementar esta situación, facéndose efectivo o obxectivo de privatizar a sanidade xa legalizada trala recente aprobación da Lei de garantías sanitarias o pasado mes de setembro.
En relación á implantación dos controles de detección precoz de cancro colorrectal na Mariña, que segundo o publicado en prensa “ O servizo Dixestivo do Hospital Universitario Lucus Augusti é o servizo de referencia para realizar as colonoscopias”, sinalaron dende a Plataforma Sanitaria que non podemos consentir que nos falten máis ao respecto nen que se rían de nós enviándonos a Lugo a facer as colonoscopias cando temos en Burela un servizo de Dixestivo e dúas salas de endoscopias.
Tamén mostraron a súa preocupación polo próximo traslado a Lugo dos historiais clínicos de tod@s os usuarios por parte dunha empresa privada que coa excusa de que van dixitalizalas aproveitan para eliminar este servizo do Hospital da Costa e privatizalo, como xa ocorre en Lugo, outra burla máis á comarca pois existe no Sergas unha categoría profesional creada para tales fins e con persoas que se formaron e optaron a ditas categorías profesionais-concluiron.
Ao final da exposición d@s membr@s da Plataforma Sanitaria , no turno d@s veciños e veciñas relataron o caso dunha doente octoxenaria que foi derivada a Lugo para a implantación dun marcapasos. Leva ingresada no HULA tres días e un familiar con ella que ten que pagarse a súa manutención fora . A esto engádese que cando lle den a alta hospitalaria terá que facer todas as revisións do seu marcapasos máis o cambio de pila en Lugo , e os soldos que temos nesta zona non poden sopotar máis desenvolsos de cartos, xa abondo custa chegar a fin de mes con estas pensións indignas para ainda por riba correr cos gastos ocasionados pola derivación a Lugo para procedementos que antes se facían aquí- comentaron.
A Plataforma sanitaria anuncia a súa presenza na II Carreira Popular Ao Son do Masma
A Plataforma Sanitaria anunciou ao final da asemblea que acudirá o vindeiro sábado 18 de novembro á II Carreira Popular Ao Son do Masma ,que o Colectivo Ollomao organiza en Celeiro de Mariñaos por invitación do mesmo e que está adherido á Plataforma Sanitaria.
Será un acto simbólico do que ainda non trascendeu máis información.






















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



