A Mariña, 27 de novembro de 2017. A Mancomunidade de Municipios da Mariña convoca para o vindeiro xoves, día 30, o acto de entrega dos certificados de asistencia ás 60 persoas de Barreiros, Mondoñedo, A Pontenova, Riotorto, Burela e O Vicedo que participaron no Plan Avanza da Mancomunidade. Este acto terá lugar ás 13:00 horas no Concello de Burela. Alfredo Llano subliña que foi unha experiencia moi positiva.
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña anunciou que “para este próximo xoves, día 30, temos convocados a todos os alumnos e alumnas que participaron no curso formativo do Plan Avanza no cal participamos seis concellos da Mancomunidade”.
Llano explicou que “foi unha formación incluída na Mancomunidade porque nos parece que era unha oportunidade para favorecer a colectivos que tiñan difícil a inserción laboral, a colectivos que tiñan algunha circunstancia problemática. Pensamos que desde a Mancomunidade, desde calquera Concello, o que hai que procurar é sempre axudar a aquela xente que por unha razón ou por outra teñen realmente algún problema no senso laboral. Foron 60 alumnos os que participaron neste plan Avanza, neste programa de inserción laboral. Había que insertar laboralmente a 21 persoas. Acadamos 19 con toda seguridade, máis outras 2 que están en vías de saber si lles homologan ou non o realizado. Estase mirando desde a Xunta que se fixeran as horas correspondentes á inserción laboral desas 21 persoas”.
O presidente da Mancomunidade comentou que “foi un éxito rotundo dos seis Concellos que colaboramos en facer este programa Avanza, e agora imos entregar uns certificados de asistencia nos que se vexan reflectidos tanto a formación laboral que fixeron así como a súa inserción laboral. Imos facelo o xoves no salón de plenos do Concello de Burela, a partir das 13:00 horas, e imos convocar a todos os participantes neste programa. É unha fórmula boa para que polo menos poidan demostrar que participaron e ao mesmo tempo tamén é unha satisfacción para os seis Concellos poder outorgarlles estes diplomas”.
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña comunica que “imos convocar aos 60 alumnos participantes e tamén aos seis alcaldes que formamos parte deste primeiro programa Plan Avanza. Esperemos que sexa un acto bo para poder reunir á xente que participou neste programa, e ao mesmo tempo tamén haberá xente que estivo cos alumnos tratando de que o que se propuxo no programa saíra ben”.