Viveiro 20-11-17. Galiza Nova valora moi positivamente que a súa proposta de cambio de nome de Colexio de Celeiro chegara finalmente a debate no pleno municipal. O pasado 10 de xullo, a organización nacionalista presentaba no Rexistro do Concello de Viveiro e ante os responsables do CEIP de Celeiro, a iniciativa na que expoñía a figura de Pedrosa Latas, personaxe pertencente ao réxime franquista e presidente provincial da Falanxe, e convidaba ao Goberno Local a interesarse polo cambio de nome do colexio de Celeiro, o CEIP Pedrosa Latas, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica e por respecto e dignidade dos milleiros de galegas e galegos represaliados.
A proposta foi respondida e ben acollida polo centro, e o cambio de nome debatiuse no Consello Escolar e no Claustro, nos que foi aprobado. Nembargantes, o Goberno Local de Viveiro nin respondeu á proposta nin se interesou por que un colexio público da localidade leve o nome dun falanxista, polo que o cambio queda pendente da aprobación no pleno. Seve Salgueiro, membro de Galiza Nova indica que: “após de catro meses da presentación da proposta, lamentamos que o goberno local non fixese os deberes e di descoñecer a biografía de Pedrosa Latas, chegando a colocar ao representante do Concello no mesmo Claustro escolar no que se debatía a proposta, sen ter estudado o tema. Semella que eles teñen dúbidas pero Galiza Nova ten moi claro que hai que eliminar calquera homenaxe aos partícipes do franquismo”. Se o Colexio de Celeiro leva o seu nome é, indica “por iniciativas levadas a cabo desde un poder gañado coa violencia e a represión, tal como Pedrosa Latas recoñecía ao dicir que lograran “ganar con las armas lo que no consiguieron las razones” o louvando outros réximes como o fascista, chamando a Mussolini “cerebro de Europa”. Ademais ten feito declaracións en contra dos movementos estudiantís, nos que recoñecía que “comienza a correr la sangre” pero que “no es lo mas importante. Lo verdaderamente importante es que en las Claustros universitarios el grito de Viva España va constituyendo ya un delito.” Polo tanto, remata “agardamos que o Goberno Municipal, aínda que tarde, se interese polo tema e aprobe definitivamente a iniciativa”.






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



