Viveiro, 28 de novembro de 2017. As obras consisten en:
– Levantado de pavimento e beirarrúas existentes.
– Dotación de servizos: Entronque cos servizos de saneamentos de pluviais e fecais que proveñen do calexón “Machuco”. Dotación de novo alumeado soterrando a canalización e dotando de novos báculos de iluminación con aforro enerxético.
– Reposición do firme con aglomerado asfáltico para a zona de vial e con baldosas de pizarra negra e loseta de granito gris, con bordillo de granito nas beirarrúas.
Con estas obras, financiadas pola Deputación Provincial de Lugo ao abeiro do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2017, subsanaranse as deficiencias e necesidades que presenta este vial, realizando unha importante mellora ambiental da zona, co conseguinte aforro enerxético e a importante mellora na accesibilidade.
Durante a execución das obras non está previsto modificar o tráfico rodado; con todo, no caso de que nalgún momento puntual sexa necesario realizar algún corte ou modificación temporal, informarase coa anterioridade suficiente. Dende o Concello de Viveiro quérese pedir desculpas polas molestias que estas obras poidan ocasionar, indicando que para calquera dúbida ao respecto poden poñerse en contacto coa Policía Local.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



