Lugo, 13 de novembro de 2017. O Goberno da Deputación abre hoxe o prazo de solicitude dos descontos en tratamentos mineromedicinais que ofrece nos balnearios de Lugo, Pantón e Pambre; os establecementos que decidiron participar no Lugo Termal 2017. Están dirixidos a lucenses maiores de 55 anos. Hai 600 prazas con estancia de 6 días e 12 técnicas termais a 190 euros; e prazas ilimitadas sen estancia, 30 técnicas termais a 200 euros. Os formularios de inscrición están en www.deputacionlugo.gal. Os interesados deben presentalo cuberto xunto a dúas copias do DNI no Rexistro Provincial. A concesión será por estrito orde de entrada das solicitude.
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, destacou que “co Lugo Termal buscamos potenciar o benestar, facilitando o acceso aos tratamentos mineromedicinais que ofrecen os balnearios da provincia, ao tempo que fomentamos o turismo termal, pois poñemos en valor estes establecementos, coincidindo, ademais, coa tempada máis baixa de visitantes. Esta é a sétima edición desta programación, na que, nas súas anteriores convocatorias, xa participaron 5.600 lucenses”.
Prazas con estancia por balneario
As 600 prazas con estancia (6 días e 5 noites, con entrada o domingo e saída o venres), inclúen pensión completa, 1 recoñecemento médico, 12 técnicas termais e actividades socioculturais. O custo é dun total de 190 euros grazas aos descontos DE 60 euros que ofrece o Goberno da Deputación. A distribución das prazas é:
– Balneario Termas de Lugo: 30 prazas
– Balneario Augas Santas, en Pantón: 400 prazas
– Balneario Rio Pambre, Palas de Rei: 170 prazas
Prazas sen estancia por balneario
As 140 prazas sen estancia inclúen 30 técnicas termais durante 10 días, 3 ao día; e un recoñecemento médico. O prezo deste paquete é de 200 euros en total. A distribución das prazas é:
– Balneario Termas de Lugo: 100 prazas
– Balneario Augas Santas, en Pantón: 20 prazas
– Balneario Rio Pambre, Palas de Rei: 20 prazas
Atención especial e acompañantes
Dentro da aposta por unha Deputación social e coas persoas, o Lugo Termal 2017 ofrece atención especializada ás persoas con problemas de mobilidade, para garantirlles o acceso e goce dos tratamentos termais; así como programas específicos a persoas con discapacidades física, psíquica ou sensorial.atención especial ás persoas con problemas de mobilidade, para garantirlles o acceso e goce dos tratamentos termais; así como programas específicos a persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial. Os beneficiarios das prazas poderán acudir cun acompañante, que tamén terán a posibilidade de desfrutar destes descontos aínda non ter máis de 55 anos, pero sempre que sexan de Lugo. Deberán xustificar o seu empadroamento na provincia.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



