Foz 27-11-17. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Como é de todos coñecidos, o barrio de Vilaxoane está dividido en dúas partes pola estrada N-642, nestas dúas partes hai vivendas, Instituto, estación de tren, etc.., sen embargo é materialmente imposible acceder dunha parte a outra a pé sen cometer ningunha infracción.
Volvemos a traer novamente esta moción a pleno, dous anos despois xustamente de traela a primeira vez. Volvemos a traela, primeiro porque non se fixo nada por parte do Ministerio de Fomento, e en segundo lugar aproveitando que vimos nos últimos días nos medios de comunicación que se vai adecentar a estación de FEVE de Vilaxoane, entendemos dende o noso grupo político que sería unha boa medida para potenciar o uso do tren e a imaxe do noso pobo.
Dous anos despois de presentar a primeira moción seguimos recibindo numerosas queixas disto, así como sempre foi unha reclamación da AA.VV. de Vilaxoane, e vemos numerosas persoas, estudantes, etc. pasando a pé por esta zona co perigo que iso con leva.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar ó Ministerio de Fomento á construción dun paso peonil elevado ou soterrado, sobre a N-642 para dar solución a todos estes problemas anteriormente expostos, para sacar ese punto perigoso para os veciños de vilaxoane, veciños que se acercan a estación de Feve coller o tren ou baixan nesa parada, veciños e veciñas do barrio de Cainzal que acceden andando e para a cantidade importante de estudantes que usan esta estrada.


















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



