O Grupo de Teatro Xuvenil “Escouridal”, integrados por rapaces de Bacharelato e Universidade dos concellos de Alfoz e O Valadouro, que se formou o pasado verán e debutou na Semana do Teatro do Valadouro, vai actuar este Nadal na Casa da Cultura de Foz. A obra será a mesma que fixeron en Ferreira, titulada “Brancura”, unha reflexión sobre o teatro e a maxia dos escenarios, na que tamén está presente a música, con varias cancións, e, naturalmente, o humor. O grupo está integrado actualmente por 11 rapaces (6 rapazas e 5 rapaces). A súa afección polo teatro naceu en grupos locais, como o do Instituto Alfoz-Valadouro, o Grupo de Teatro Xuvenil “A Maseira” ou o Grupo Teatral “Raiolas”. A representación será o sábado 30, ás 19,00 horas, na Casa da Cultura de Foz. O acto está patrocinado pola Área de Cultura do concello de Foz.
Actuación do grupo Escouridal en Foz
Actuación do grupo Escouridal en Foz
Relacionado
-
A interiorista coruñesa Adriana Janeiro instalou recentemente o seu estudo en Ribadeo co obxectivo de atender a clientes de diferentes lugares de Galicia e Asturias
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous condutores sen permiso de conducir no termo de Lourenzá
-
Este venres comeza unha nova edición da Ruta de Pinchos do Vicedo