Lugo 18-12-17. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto inaugurou este luns o programa ‘Culturas en diálogo 2018”, que promove o Goberno da Deputación. Explicou que “este ano elixiuse Cuba como pais convidado pola profunda pegada que ten na nosa cultura; ademais non hai que esquecer que foi un país de recepción dos miles de galegos e galegas emigrantes, de todas as xeracións. É unha viaxe de ida e volta que está presente nas nosas forma de entender o mundo”. Dentro das actividades que conten o programa participará o ballet cubano, “Telón Abierto”, así como a exhibición de filmes co Bloque documental de investigación: “Mulleres de Aquí e Dacolá”. Tamén haberá Guerrilla de palabras: “Palabreirxs de viaxe. Polo mundo da man do Colexio das Gándaras”, que vai estar exposta no museo. Ademais dunha mostra de murais sobre a Diversidade na Ribeira Sacra, do artista Iván Merayo, e da Diversidade Lugo, da autora Ticiana Ghiglione Darriba.
