A Mariña 31-12-17. Para o vindeiro ano 2018 a Asociación de sendeirismo Paso Miúdo levará a cabo unha proposta que se falou nunha das reunións de os encontros Astur- Galaico.
Para os socios federados con clubs colaboradores do encontro Astur- Galaico os prezos serán os mesmos que se foran os nosos socios, 20€ cada ruta na cal inclúe: comida, autobús e seguros de Responsabilidade Civil e mais de accidentes.
Como este ano estamos de X Aniversario faremos unhas rutas que no seu día foron das que mais gustaron aos nosos socios.
Este é o noso calendario para 2018:
Rutas 2018
21 de xaneiro – Ruta da Seimeira :Sta Eulalia de Oscos
18 de febreiro – Ruta das Algas: Espasante
18 de marzo – Millarado-Barreiras: Sta Eulalia de Oscos (Ruta do cocido)
15 de abril – X Encontro Astur-Galaico: Vegadeo
26 e 27 de maio – Fin de semana en Ponferrada
10 de xuño – Quinta e Dosal: Becerrea (Ruta do churrasco)
16 de setembro – Ruta de Pena Guimara: Fonsagrada
14 de outubro – Ruta dos Ferreiros e da Auga : Taramundi
11 de novembro – Ruta de Los Cortines: Oscos
9 de decembro – Ruta da Auga : Guitiriz
Nota:
Este ano a saída será dende a estación de autobuses de Burela as 8:00 da mañá.
As rutas con dirección Asturias faremos paradas en : Rest A Xoíña (Foz) e Rest O Asador (Barreiros)
As rutas con dirección a o interior faremos paradas en: Rest. A Xoíña (Foz), Rest. O Frenazo (Alfoz) e Gasolinera de Mondoñedo























Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



