Ribadeo, 1 de decembro de 2017. Un cento de persoas asistiron na tarde de onte á presentación na galería ribadense Terra Branca do perfume Quérote, unha fragancia para muller en cuxa creación participaron catro artistas: o perfumista Sergio Carballido, o escultor Fernando Vilariño, a pintora Mariángel Leal e o poeta Paco Rivas. O propietario de Terra Branca e artífice desta proposta, José Ramón Leal, cualificou de éxito este acto.
José Ramón Leal referíase na súa intervención na xornada de onte a ese traballo dicindo que “hemos lanzado un perfume en el que hemos contado con cuatro talentosos artistas. Uno de estos artistas es Fernando Vilariño, un escultor que dice que lo que le gusta es que le llamen canteiro, pero lo que yo creo que se le tiene que llamar a él es artista con letras grandes. Él ha esculpido estos tapones que son de mármol blanco para adornar este frasco de colonia. Otra artista es la autora de la etiqueta con tanto colorido, una artista que a mí me queda muy cercana porque es mi hermana, y además tiene mucho estilo y los cuadros que podéis disfrutar en esta galería también son obra de ella, de Mariángel Leal”.
José Ramón Leal engadía que “tanto arte necesitaba un toque romántico y yo me acordé de mi amigo Paco Rivas a quien le comenté el tema, me asesoró con el nombre, le di muchos dolores de cabeza, pero al final decidimos que Quérote era el nombre apropiado para esta esencia. Paco además tuvo la gentileza de escribir un poema dedicado al perfume”.
O responsable de Terra Branca salientaba que “el cuarto artista, y muy importante, es el creador de la esencia que es un gran perfumista, Sergio Carballido. Ya contribuyó con nosotros el año pasado, colaboró en la elaboración de Esencia da Mariña, que fue un perfume que sacamos el año pasado con gran éxito. Eso nos animó a hacer este, que quizás sea un más difícil todavía porque el otro era una esencia fresca, sencilla pero muy agradable, inspirada en la vegetación que crece cerca del mar en la costa de Lugo. Pero queríamos ir un poquito más allá y creo que con Quérote lo hemos conseguido”.
José Ramón Leal dixo que “es un momento de celebración para nosotros ya que cumplimos tres años en la galería Terra Branca en Ribadeo, dos años con la galería Terra Branca de Mallorca, y también quiero dar las gracias a la página web que tantas satisfacciones nos ha producido durante este último año y que también cumple tres años. Ribadeo nos ha acogido con mucho cariño y solamente son cosas buenas las que tengo que decir porque me han aportado mucho y yo me siento como en mi casa, y aunque no lo sea yo creo que ahora ya no sabría donde vivir si no es en Ribadeo”.
Pola súa banda, o escultor Fernando Vilariño manifestaba que “o frasco de colonia ten dúas obras de arte, un cuadro e unha escultura en pequeniño. O proceso de creación do tapón é laborioso desde que se corta na fábrica e me ven o bloque cuadrado, eu teño que botarlle arredor dunha hora. Hai que facer o debuxo, os alzados e a planta, sobre unha hora lévame facer o tapón”.
A xoven ribadense Carolina Yáñez é a imaxe da promoción deste perfume e contaba na presentación de onte que “me sorprendió que alguien me parara por la calle para hacerme esta propuesta, y hasta el punto de llegar a un perfume fue una bonita experiencia”.
O perfume vai acompañado dun poema escrito por Paco Rivas quen dixo que “me parece moi orixinal que as cousas vaian unidas porque a arte non é a suma de individualidades, senón que é unha amalgama que se xunta e se mistura. O perfume é poesía e música, saber mesturar eses conceptos é onde está o complicado e José Ramón soubo facelo”.
Quérote xa está á venda na galería ribadense, sita na Avenida de Galicia, e na súa páxina web www.galeriaterrabranca.com
A festa de onte en Terra Branca foi amenizada pola pianista Helena López e Paco Rivas ofreceu en recital poético da súa obra. O acto foi conducido pola xornalista Carmen Cruzado, directora de Faro Norte Comunicación.




















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



